Moitas gracias por vir e compartir a historia das mulleres que deixaron pegada na vosa vida. Imos enchendo un capítulo da historia non contada; o capítulo das que coidaron de nós e sustentaron a vida.
Moitas gracias por vir e compartir a historia das mulleres que deixaron pegada na vosa vida. Imos enchendo un capítulo da historia non contada; o capítulo das que coidaron de nós e sustentaron a vida.
En outubro todos os grupos empezamos a traballar, e aínda queda algunha praza por se te despistaches. Os venres hai dous grupos para peque artistas e mocidade; as catro e media e as seis!
Atención porque tamén empeza o laboratorio creativo, e lembra que antes de empezar temos unha charla persoal para afinar o camiño que vas facer durante o laboratorio. A primeira sesión será o día 11 de Outubro e xa están marcados o resto de sábados que imos quedar. Apuuuura!!
Volve o Mosaico da Memoria :) esta vez en Teo e en Vigo.
Únete a crear en comunidade esta obra grande polo que representa e porque da visibilidade a tantas mulleres que normalmente quedan aí agochadas... os coidados, os afectos,... ti sabes.
O sábado 20 de setembro estarei en Cacheiras, Teo, no Local de María Xosé Díaz e só tes que reservar a túa praza escribindo ao email polotallerdepolo@gmail.com e así te explico os detalles.
O sábado 27 de setembro estarei en Vigo, na Asociación Lar de Sopas de 11:00 a 14:00 e de catro a seis, argallando xuntas este mosaico.
Sabes que é unha actividade gratuíta para as participantes. Pero si que tes que traer algún material persoal que te indicarei por correo cando realices a túa reserva.
En Teo podes ver a miña expo individual no Local de María Xosé Díaz durante setembro e parte de Outubro. Inauguración o día 12 , estás convidadx!
ATENCIÓN!
empezamos novo curso o mércores 17 de setembro
Grupo de 11:00 a 13:00
Grupo de cinco a sete
E tamén o xoves: de catro a seis e de seis a oito.
O grupo infantil comeza en outubro.
O laboratorio creativo para mulleres comeza en outubro pero xa estamos facendo as titorías individuais para ir situandonos no camiño.
Reserva a túa praza ou infórmate en polotallerdepolo@gmail.com
Este sábado 14 de xuño presentamos os procesos de creación abertos nos últimos meses no grupo Laboratoria.
Como sabedes este é un grupo de mulleres que aborda de maneira conxunta un camiño de creación no que cada participante elixe unha temática a investigar e desenvolver mediante a linguaxe artística.
Acompañadas neste camiño por Polo que cada mes fai unha proposta práctica ou teórica que abra novos carreiros para continuar. Refórzase a experiencia con titorías individuais que faciliten o achegamento á práctica artística.
Este é un espazo que xurde da convicción de que a arte é unha ferramenta de transformación persoal e social aberta a todas as persoas. Como mulleres podemos empregala para o empoderamento e investigación de temáticas que nos preocupen.
Lembra a cita;
sábado 14 as 19:00 horas na Tobeira de Oza, ao principio da rúa Merced na Coruña.
Esperámoste!!
Queremos convidarte a que formes parte do proceso de creación dunha paisaxe que recolle a parte feminina do noso pasado, re-visitando ás nosas mulleres referentes; avoas, nais, tías, amigas,... unha oportunidade para conectar e entender ás mulleres que nos precederon. O pasado aínda nos constrúe?
Se estaś interesada en participar escribe a laboratoriocreativopolo@gmail.com para saber as necesidades da actividade e organizarnos o mellor posible, esta é unha actividade gratuíta para mulleres, dentro dun proceso de creación e investigación sobre os coidados.
Benvidas!
Luns 17 de Xullo
de 17:00 a 20:00 horas
Faro de Oza
Un novo convite dende o barrio de
Palavea, moi agradecida a esas veciñas que se achegaron o día 26 de Outubro a compartir un
momento de ledicia e moita consciencia do ser e estar. Gracias á Os Nosos Lares por contar comigo unha ocasión máis e pola labor que están a facer dinamizando do barrio.
Debuxo e a pintura son linguaxes ao alcance de todas nós.
Serven para expresarnos, para mostrar como nos sentimos e transformar enerxías do noso interior en liñas cheas de poder. Por experiencia propia sei o moito que nos pode aportar a arte, como pode revisar a nosa historia de vida e xerar novas formas de ver e interpretar o que temos ao redor, o que cremos ser e como nos relacionamos con estereotipos e prexuízos.
Neste obradoiro collimos un pouco de poder a través da liña e da súa expresividade. A tinta e as sorpresas que nos da e a música como guía do movemento da nosa man.
Un novo convite dende o barrio de Palavea, moi agradecida a esas veciñas que se achegaron a compartir un momento de ledicia e moita consciencia do ser e estar.
Preséntovos un novo taller, moi especial, para este último trimestre do ano deseñado para mozas que queiran explorar e dar forma a emocións así como reflexionar sobre o seu lugar no mundo.
Por experiencia propia sei o moito que pode aportar a arte ás nosas vidas, como pode revisar a nosa historia de vida e xerar novas formas de ver e interpretar o que temos ao redor, o que cremos ser e como nos relacionamos con estereotipos e prexuízos.
Este obradoiro de arte impartido no marco da Escola de Apoderamento e Benestar do Concello de A Coruña, está destinado a mozas de 12 a 17 anos, terá unha duración de 10 horas distribuídas en cinco sesións de dúas horas dende o 4 de Novembro ao 2 de Decembro.
Nace cos obxectivos de dotar de ferramentas técnicas e artísticas para a expresión emocional, canalizar a expresión e a reflexión sobre as emocións e os debates internos a través da arte. Dar a coñecer a obra de artistas que realizan as súas pezas con enfoque de xénero e proporcionar figuras de relevancia e role models coas que sentirse identificadas contribuíndo ao seu apoderamento.
Traballaremos o apoderamento persoal e colectivo coa arte como medio para a interpretación das emocións. A capacitación emocional empregando a expresión artística como ferramenta para enmarcar, dar nome e “saídas” as emocións así como a capacidade de crítica e reivindicación na auto- reafirmación.
Empregaremos diferentes técnicas, grafito, acuarela, tinta, rotuladores, etc. experimentando unidas para expresarnos dende a liberdade ao tempo que falaremos sobre a obra de artistas referentes que nos aporten puntos de vista e ilusión para enfocar a vida.
Vai ser un espazo máxico para medrar. Reserva xa a túa praza! e comparte se coñeces mozas que poderían desfrutalo :)
https://www.coruna.gal/igualdade/es/programas-y-actividades/escuela-de-empoderamiento-feminista?argIdioma=es
O domingo 26 e o luns 27 o Faro de Oza se iluminará de arte.
O luns 27 CompartiremosO xuntanza artistas locais falando de experiencias e proxectos levados adiante o pasado 2021. Será unha presentación tranquila para coñecer proxectos desenvoltos o pasado ano, poñer en valor os nosos traballos, coñecernos e facer rede para próximos proxectos ou convocatorias. E un evento aberto a artistas, persoas interesadas na arte e público xeral que queiran coñecer como está o ambiente creado cidade; benvidas as voces todas.
Contaremos con:
Verónica Moar, cerámica artística e performance, presentàndonos o seu traballo “Portas do mar” https://www.veronicamoar.com/
Verónica Nóvoa, arte textil, presentará as Xornadas ATC.
https://www.instagram.com/veronovoa__/
Paula Pintos, de Cía. Masamadre, que nos falará de Icaro @_icaro___ .
www. Ciamasamadre.com
@ciamasamadre
@_icaro___
Victor Ares, ceramista, cederanos para a ocasión unha das súas Mulleres floreiro, veremos o vídeo poema “A ciencia do poema” de Estibaliz Espinosa.
@victorares https://es-la.facebook.com/varesces
https://estibalizespinosa.com/tag/poemas/
Julia Aguiar, artista plástica, nos contará sobre os “Muráis Mariñeiros As Xubias” e falaremos tamén con https://www.instagram.com/julia.guiar/
Eu vos contarei sobre o Transitando arte a experiencia, colaboracións e o resultado e estarei encantada de vervos xunto ao mar. https://transitandoarte.wixsite.com/transitandoarte
O domingo serán a equipa do laboratorio creativo as protagonistas que nos compartirán os seus avances do curso pasado e contaránnos en que momento se atopan, veredes que marabillas están a facer! O domingo ás doce presentación deste equipo lab e
Paula Cabaleiro e Toni García presentarán o poema visual “Corazón florecido” as 13.00 horas
Seguiremos no Faro o resto do día, con cafeteira incluída e praia ao carón, mellor momento para coñecernos imposible ;)
O segundo encontro de Transitando arte conta con Roi Alonso, creando ao longo da tarde do 6 de Novembro unha obra fotográfica que acompañe a unha das miñas obras pictóricas, eu son Polo :) e estarei creando con vós.
Estou traballando nun óleo, que necesita aportes dende fóra para poder avanzar, polo que abro un proceso creativo íntimo á colaboración cos artistas convidados neste Transitando arte, proceso aberto tamén á veciñanza que nos acompañe ese día. As ideas que xurdan nese momento, a partir desta obra en proceso e do seu movemento polo espazo público, seguro me levan a avanzar no proceso de creación, a ver de descubrir unha visión que conecte co que xa teño feito pero que eu descoñecía ou non me atrevía a incorporar á peza. É todo unha incerteza, un proceso creativo que camiñará coa experiencia do Transitar e do que só sabemos seguro que poderedes ver resultados en Decembro.
A pintura que levarei a Palavea é unha obra auto-referencial, unha parte da miña historia de vida, nesta obra conecto o espazo (casa, aldea, barrio) e a vivencia persoal, a pegada na lembranza. Para min si é moi importante o espazo que habitamos e, sen dúbida, inflúe en comportamentos, relacións e hábitos que desenvolvemos dende a inconsciencia... tamén me interesa a vinculación da memoria cos espazos (paisaxes urbanos e rurais) do presente e como pode afectar a unha persoa a desaparición dun elemento que conformou a súa historia de vida.
A primeira parte da tarde consistirá neste diálogo e compartir sobre a obra e o espazo, unha interacción que seguro nos ofrecerá momentos marabillosos. A segunda parte da tarde será un obradoiro de divulgación artística no que traballaremos con pintura sobre os temas tratados, as prazas para o taller son limitadas e hai que reservar praza canto antes.
Para compartir esta tarde tan especial só tedes que anotarvos no email da Asociación Veciñal “Os nosos lares” de Palavea osnososlarespalavea@gmail.com
E lembrarvos que o proxecto consta de tres encontros de artistas, o día 13 contaremos con ALIVAVÁ e Carlota Méndez , e obradoiros para a veciñanza do barrio da man de Julia Aguiar, elchano e Sucede Arte Visual. Estade atentas á páxina https://transitandoarte.wixsite.com/transitandoarte onde relatamos toda a historia.
Como sabedes neste último curso, dende marzo 2020 conformamos un grupo de exploración artística, un laboratorio de creación no que compartir experiencias e camiñar creativo. Este grupo participou cos seus traballos -en proceso- na exposición Medrando con Arte, que realizamos en Arteixo en decembro e xaneiro 2021. Nuns momentos tan grises foi incrible o esforzo e a ilusión que sacamos adiante, e agora volvemos a enchernos de ilusión para compartir con vós os últimos avances e pasos destas creadoras.
Compartimos de novo obras e procesos creativos coas persoas asistentes, así que podes emocionarte con nós o próximo venres 25 de Xuño, en A Tobeira. Se queres asistir escribe a polotallerdepolo@gmail.com para recibirte o mellor posible e organizar axeitadamente o número de asistentes.
Foi este un grupo lab cativo e heteroxéneo, con intereses e bagaxes moi distintos. Non é necesario un coñecemento previo de plástica para participar, si é preciso ter unha actitude de apertura e exploración e marcarse uns obxectivos creativos cara os que camiñar, nós faremos posible ese camiñar. Os temas dependen das participantes, algúns son máis íntimos e densos e outras persoas prefiren quedar nun área menos profunda e poñer a enerxía no traballo plástico, nas posibilidades e melloras técnicas.
Esta experiencia de laboratorio permitiunos contactar coa nosa vulnerabilidade e, ao tempo, coa forza sorprendente que se agocha dentro de nós. Foi unha montaña rusa de aprendizaxe, exploración, frustración e sorpresa que non culmina aquí senón que continuará en cada unha das participantes; coa apertura a esta capacidade tan fermosa de transformar a vida, as feridas, o cotiá en algo novo para compartir.
Foi un tempo duro e gris na rúa mentres nós xogábamos e soñábamos con un mundo distinto, dando pasos a medrar como persoas e como creadoras. Construíndo en Os Castros un niño de arte, de complicidade e sororidade; un niño máxico, seguro e confortable ata na tormenta máis gris.
Estas mulleres, Marta V., M R , Natal, P. Cristobo, Shaina e eu -Polo- queremos pechar un ciclo o próximo 25 de Xuño para ser máis conscientes dos novos por vir, do moito que nos queda por crear e facer...
25 de Xuño en A Tobeira, en Os Castros, no principio da rúa Merced a partir das 18;00 horas, a partir das seis da tarde expoñemos obras e falamos sobre o proceso creativo destes últimos meses. Esperámoste !
E difícil imaxinarse un mundo sin cor, sin embargo, normalmente non nos fixamos na interacción da cor coas nosas emocións. Neste estupendo taller que fixemos para Nocturnia vimos asociacións culturais entre cor, sentimentos e razón e fixemos exercicios mesturando cor e emoción para detectar a nosa paleta emotiva. Finalmente, cada participante pintou un mandala pensando nas súas emocións.
Moitas gracias por vir e pasar unha tarde ben xeitosa e chea de cores!
Este Nadal imos repetir este obradoiro no taller; darse un momento de calma e de reflexión , se che interesa te informo en polotallerdepolo@gmail.com
Os grupos son limitados e pronto vos conto máis detalles :)
Nestes momentos de incerteza, e tras a corentena, síntome leda xa que o taller segue a aportar arte. É un espazo cheo de vida no que se comparten aprendizaxes que ilusionan e que miran cara adiante. Seguimos pintando, experimentando e debuxando en pequenos grupos nos que tamén compartimos o sentir e as emocións destes días.
Temos en marcha pequenos grupos de pintura, onde cada persoa pode explorar segundo como se sinta e en función dos obxectivos que cada estudante se marque. Un grupo de acuarela, expresión plástica para mocidade, debuxo e un grupo de laboratorio que se reúne unha vez ao mes. Tamén ofrecemos titorías individuais.
Se dubidas da túa capacidade creativa ou te sentes bloqueada; queres mirar cara adiante e buscar confianza e motivación pásate polo taller ou escríbeme e deseñamos xuntas un plan que te active.
Todo en grupos reducidos, e tendo en conta as medidas de seguridade fronte a covid 19
O laboratorio está a resultar unha experiencia absolutamente gratificante e enriquecedora, a labor de propiciar o tránsito das participantes do grupo polo seu propio proceso artístico no marco dun estimulante espazo de seguridade é un reto e, sobre todo, un agasallo para min.
Foise construíndo durante este curso pasado un equipo de lab: un grupo de mulleres con inquedanzas similares e que promoven a forza e a confianza en cada unha das compañeiras. Experimentando e desenvolvendo métodos e procesos creativos xerando confianza e sen pretender como obxectivo ultimo conseguir unha obra pechada.
O laboratorio consiste nun acompañamento ao teu proceso creativo, un taller ao mes no que compartimos os nosos intereses e os avances do noso traballo plástico. Podes combinalo con titorías persoais nas que traballar aspectos concretos que che preocupen e o ritmo de traballo o marcas ti.
Para este curso que iniciamos en Setembro imos crear un novo equipo de laboratorio, gustariame contar contigo!
Escrébeme e imos tecendo ese grupo de compañeiras que farán o teu camiñar mais lixeiro!
Xa levo varios anos propoñéndovos veranearte adultas, mulleres compartindo tempo e vivencia mentres deixamos que aflore a nosa creatividade. Un espazo de encontro, un espazo seguro, compartindo aprendizaxes que nos leven a soñarnos diferentes.
Este verán 2020 está sendo distinto para todas nós, pero iso non debe impedirnos seguir adiante, seguir cos nosos soños, desfrutar da vida que sabemos curta e prepararnos para o que está por vir...
O pracer de aprender e traballar xuntas, de gozar coa cor, coa musica, coas outras ... unidas nunha ofrenda a nós, pensándonos-soñándonos da mellor maneira, na nosa mellor versión.
Se queres compartir unha tarde diferente, cargar as pilas, sorprenderte coa túa creatividade e recuperar enerxía da boa este pode ser o momento! Escríbeme e reserva a túa praza para o próximo veranerte adultas.
As semanas pasaron voando; ao principio, cando nos deixaron saír a enerxía na rúa podía comigo, sentías a tensión e un ambiente pouco favorable para calquera cousa boa. Pensei que iso mesmo lle tiña que pasar á maioría da xente, e tamén ao alumnado do taller.
En canto puidemos abrir a porta á pintura, á expresión e a arte fixémolo! Dunha maneira terapéutica e coidadosa, abertas como sempre ao xogo e a expresión. Aínda nos cambaleamos un pouco na estabilidade que tanto desexamos e que non se concreta, xa que non existe. Empezamos as clases de unha en unha, co alumnado que xa estaba vindo aos obradoiros en curso, amodo e dando pequenos pasos para a volta. Foi unha experiencia moi intensa, chea de consciencia e compromiso con un alumnado que me demostrou o mellor e o máximo respecto polo meu traballo nestes raros tempos.
Estou
contenta co discorrer deste novo inicio de curso, ante min un verán
para traballar e avanzar moldeándome as circunstancias. Para
compartir con vós
talleres
e actividade, vida e arte! Espérovos
no taller!!
A incerteza conéctanos a todas estes días, recuperar as actividades cotiás será cousa de tempo e tamén de enerxía pois todxs quedamos afectadas dalgunha maneira; emocionalmente, por suposto. Pero todas temos tamén experiencia en cambios e en emocións fortes, e sabemos que pasar á acción e tomar o control é sanador. Xa levo varios anos propoñendo veranearte adultas, mulleres compartindo tempo e vivencia mentres deixamos que aflore a nosa creatividade. Un espazo de encontro, un espazo seguro, compartindo aprendizaxes que nos leven a soñarnos diferentes.
Obxectivo pintar e xogar compartindo tempo e vivencia; dar estimulo á nosa creatividade e liberdade, coñecer un pouco mais da Historia da Arte “mutante”, perdida e encontrada porque se vai construíndo a pasos, segundo se incorporan miradas que non se tiñan en conta.
O pracer de aprender e traballar xuntas, de gozar coa cor, coa musica, coas outras ... unidas nunha ofrenda a nós, pensándonos-soñándonos da mellor maneira, na nosa mellor versión.
Apúntate para ir deseñando os pequenos grupos ao longo do verán!
"Las artes no solo pueden representar lo que se ve o se oye; tambien pueden representar lo que se siente" , E.W. Eisner
Temos
en marcha un grupo de Lab: neste paréntese parou no modo presencial
e, esta semana retomamos en modo de titorías de unha en unha. Aínda
que as forzas e as ganas son desiguais polo momento, pero todo pasará
e recuperaremos as nosas enerxías.
En Xuño retomaremos este pequeno grupo que está en marcha; anímate e incorpórate! iremos formando un novo equipo para compartir forzas e ideas, un lab2 para ti e para desenvolver esa creatividade que tes gardada, dar forma ás ideas que che rondan e ir descubrindo como concretalas.
O Lab que empezamos este curso é tamén, como o Curso Básico, un taller mensual con un compromiso de periodicidade para dar seguimento ao teu proxecto, xa que este grupo acompaña ás participantes cara a desenvolver a súa proposta artística.
“Las artes son medios para explorar nuestro propio paisaje interior. Cuando las artes nos conmueven de una manera genuina, descubrimos lo que somos capaces de experimentar. En este sentido, las artes nos ayudan a descubrir el contorno de nuestro ser emocional. Ofrecen recursos para experimentar el alcance y la variedad de nuestra receptividad y nuestra sensibilidad.” El arte y la creacion de la mente, Elliot W Eisner
A incerteza conéctanos a todas/os estes días, recuperar as actividades cotiás será cousa de tempo e tamén de enerxía pois todxs quedamos afectadas dalgunha maneira e por suposto, emocionalmente. Pero todxs temos tamén experiencia en cambios e en emocións fortes e sabemos que pasar á acción e tomar o control é sanador. As artes conectan acción, pensamento, corpo, emoción e por suposto, curación.
Este
verán será un tempo de acción: recuperar e prepararse para un
mundo cambiante porque queda moito por vivir e moitos retos e
aventuras. No tallerdepolo ofrecerémosche as clases habituais de
pintura e, a maiores, estas pílulas estimulantes.