Amosando publicacións coa etiqueta acuarela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acuarela. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de abril de 2026

INICIACIÓN Á ACUARELA NO NAVALÓN

 Con motivo dos días europeos da artesanía fun convidada a dar un taller de iniciación á acuarela no CPEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela. 

Foi o xoves nove de abril e pasamos unha mañá espectacular :) 

 A acuarela é un recurso moi bo para acompañar carreiras como perruquería, cerámica, madeira,... como é o caso do Centro Navalón onde a mocidade se prepara para o seu futuro profesional. Ademais de ser un recurso persoal e creativo do máis aconsellable na vida diaria ... para deseños, pintar do natural, facer fondos abstractos e xogar coas cores, etc. 

 

 


 


 


 

 


 

venres, 5 de setembro de 2025

EMPEZAMOS O CURSO!

 ATENCIÓN!

 

empezamos novo curso o mércores 17 de setembro

 

Grupo de 11:00 a 13:00 

Grupo de cinco a sete

 

E tamén o xoves: de catro a seis e de seis a oito. 

 



O grupo infantil comeza en outubro.

O laboratorio creativo para mulleres comeza en outubro pero xa estamos facendo as titorías individuais para ir situandonos no camiño. 

Reserva a túa praza ou infórmate en polotallerdepolo@gmail.com 





mércores, 22 de setembro de 2021

Se busca: novo equipo Lab.

O laboratorio consiste nun acompañamento ao teu proceso creativo, un taller ao mes no que compartimos os nosos intereses e os avances do noso traballo plástico. Podes combinalo con titorías persoais nas que traballar aspectos concretos que che preocupen e o ritmo de traballo o marcas ti. 

O grupo de Lab. 2021 foi heteroxeneo, con intereses e bagaxes moi distintos. NOn é necesario un coñecemento previo de plástica para participar, si é preciso ter unha actitude de apertura e exploración e marcarse uns obxectivos cara os que camiñar, nós faremos posible ese camiñar. Os temas dependen das participantes, algúns son máis intimos e densos e outras persoas prefiren qauedar nun área menos profunda e poñer enerxía na parte técnica. 

O pasado curso esta experiencia permitiunos conectas coa nosa vulnerabilidade e, ao tempo, coa sorprendente forza que agochamos dentro de nó. Foi unha montaña rusa de aprendizaxes, exploracion, frustración e sorpresa que non culmina aquí senon que continuará en cada unha das participantes; coa apertura a esta capacidade tan fermosa de transformar a vida, as feridas , o cotiá en algo novo para compartir. As miñas cómplices marabillosas nesta aventura Marta V. M.R. , P. Cristobo, Natal e Shaina foron valentes e  fixeron medrar o mellor de min. :)

Agora un novo Equipo Lab. está por chegar e unha nova experiencia por vir... apúntate!! Escribeme a polotallerdepolo@gmail.com ou ao tlf. 617 293 024 e aí te reservo praza ou resolvo  as tuas dúbidas.


As imaxes son da  presentación de procesos creativos e obras do Laboratorio 2021 en A Tobeira de Oza, compartindo o momento con un montón de persoas amigas que se emocionaron con nós. 

Fotografías e vídeo de Carlota Méndez 

 















luns, 1 de marzo de 2021

Actualizando o horario de clase!

Bo día, que vos hei contar que non saibades xa? O horario foi mudando cada semana e iremos adaptándonos ás necesidades dos grupos e aos cambios que, dende as autoridades, nos marquen
As clases estiveron e están en marcha, adaptándonos a cada protocolo, con coidado e aportando moita creatividade, arte e benestar!! Aquí seguimos!!
As clases son en pequenos grupos  (catro persoas) o que nos está permitindo mesturar intereses e unha atención súper persoal e a medida, de maneira que cada alumna-o vai explorando tecnicamente aquelo que desexa probar ou dominar. Lembrade que podedes aprender a pintar dende cero ou avanzar e explorar algún bloqueo ou dificultade que teñades pendente de resolver;  óleo, acrílico, mesturar técnicas... aprender acuarela, colaxe, debuxo... hai moitas posibilidades, eu vos guio!

O noso horario actual ven sendo o que vedes na imaxe, máis horas soltas de titorías para o grupo de laboratorio, un taller de laboratorio mensual para mulleres creativas(te apetece explorar toda esa parte creativa que hai en ti ?), un grupo de peque artistas ( de seis a dez anos) liderado por @atelierconjulia , Julia Aguiar aportando enerxía e moito amor a esas clases moi coidadas e enriquecedoras. Abrimos nova quenda os venres, calquera información que desexes con gusto te contestamos tanto eu (617293024) como Julia no tlf. 634583689
Tamén en marcha un pequeno grupo que se está achegando á fotografía e ao manexo/comprensión das redes sociais nestes “tempos tan de imaxe” – con cámara ou co teu telefono móbil-  liderando o fotógrafo Lyonell Quiroz  -temos unha praza libre esperándote, non te despistes! Cosúltanos calquera dúbida! 




A primaveira empeza e a nós píllanos facendo o que tanto nos gusta, compartir arte, aprendizaxes e tempo de calidade. Estámoste esperando! 

 

 











 

 

domingo, 13 de decembro de 2020

Taller Mandalas Cor Emoción

E difícil imaxinarse un mundo sin cor, sin embargo, normalmente non nos fixamos  na interacción da cor coas nosas emocións. Neste estupendo taller que fixemos para Nocturnia vimos asociacións culturais entre cor, sentimentos e razón e fixemos exercicios mesturando cor e emoción para detectar a nosa paleta emotiva. Finalmente, cada participante pintou un mandala pensando nas súas emocións.


Moitas gracias por vir e pasar unha tarde ben xeitosa e chea de cores! 

Este Nadal imos repetir este obradoiro no taller; darse un momento de calma e de reflexión , se che interesa te informo en polotallerdepolo@gmail.com 

Os grupos son limitados e pronto vos conto máis detalles :)










luns, 9 de novembro de 2020

Aportando arte

Nestes momentos de incerteza, e tras a corentena, síntome leda xa que o taller segue a aportar arte. É un espazo cheo de vida no que se comparten aprendizaxes que ilusionan e que miran cara adiante. Seguimos pintando, experimentando e debuxando en pequenos grupos nos que tamén compartimos o sentir e as emocións destes días.

Temos en marcha pequenos grupos de pintura, onde cada persoa pode explorar segundo como se sinta e en función dos obxectivos que cada estudante se marque. Un grupo de acuarela, expresión plástica para mocidade, debuxo e un grupo de laboratorio que se reúne unha vez ao mes. Tamén ofrecemos titorías individuais.

Se dubidas da túa capacidade creativa ou te sentes bloqueada; queres mirar cara adiante e buscar confianza e motivación pásate polo taller ou escríbeme e deseñamos xuntas un plan que te active.

Todo en grupos reducidos, e tendo en conta as medidas de seguridade fronte a covid 19 

 




domingo, 10 de maio de 2020

Acuarela: pílula enerxética para este verán

A partir de Xuño destinaremos os luns e martes para desfrutar da acuarela, propóñovos dúas modalidades (as dúas tendo en conta as recomendacións de seguridade sanitaria do momento): podes realizar un Curso de iniciación (catro prazas) no que, en tres talleres de hora e media descubriremos o potencial de esta técnica ou vir ao Club de Acuarela. Na primeira, ti aportas o teu papel de acuarela e o tallerdepolo pon o resto dos materiais, o prezo por participante é de 40 euros. Se estás interesada contacta a través do telefono, e-mail, whatsapp ou redes sociais para ir facendo grupo e buscar ese horario mais conveniente para todas, consulta calquera dubida que teñas.

A outra proposta, se xa tes mais experiencia coa acuarela e queres mellorar aspectos concretos ou explorar novas posibilidades é reservar a túa cita para o Club de Acuarela onde podes coincidir con outras acuarelistas, e vir coas túas preguntas e obxectivos de mellora preparados e trazar así un plan de traballo a medida para ti. Podes deseñar a túa asistencia por horas ao longo do mes ou do verán; o prezo por hora é de 10 euros/hora, e non inclúe o material.

Aínda que a acuarela se presenta como unha técnica complexa de aprender e usar ten unha dimensión de azar, sorpresa e non-control que podemos incorporar tanto na aprendizaxe como no acabado das nosas obras/traballos; igual que na vida hai circunstancias incontrolables por nós, que podemos asumir como parte da experiencia e dotalas de novos significados.




Meditativa, tranquila y relajante, la acuarela es una actividad que ofrece la posibilidad de tomar el control y aumentar la autoestima, sin juzgar a nadie y sin otro objetivo que no sea el de la propia alegría de pintar.”Jean Haines.

Estes son algúns traballos das alumnas dos últimos talleres de iniciación que realizamos




domingo, 24 de novembro de 2019

Obradoiro de iniciacion a Acuarela de Outubro e Novembro


Rematado o obradoiro de iniciación á acuarela dos meses de outubro e novembro, agora o alumnado pode explorar o aprendido e buscar camiños de expresión propia. Parabéns ao alumnado, sei que aprenderon e levan ganas e coñecementos que lles dan forzas para seguir no camiño da acuarela. 

Estaremos de volta en Xaneiro e Febreiro buscando novxs acuarelistas dispostas ao reto das aguadas e o control limitado :) Atrévete!



Empezamos dende os coñecementos básicos como os materiais de acuarela; papel, pigmentos ou formas de reserva, traballamos moito coas aguadas pero tamén sobre seco. Os últimos traballos suman o aprendido en seis xornadas en total, con persoas que non pintaron nunca e outras que si teñen algo de experiencia.  E un obradoiro moi bonito de levar adiante, cheo de sorpresas para min e para o alumnado :)







Como broche final fomos ver a exposición de Pilar Cancio, acuarelas e tintas marabillosas , coas que aprendimos moito. Canto hai por aprender ;)  e que divertido pode ser o camiño , verdade?




domingo, 6 de outubro de 2019

Comezo do novo curso 2019-20


Empezamos un novo curso con obradoiros para persoas adultas onde achegarse por vez primeira á pintura ou mellorar a túa técnica de óleo, acrílico ou explorar a túa creatividade a través do debuxo, colaxe, acuarela.
E para os peques hai unha proposta de obradoiro os venres pola tarde, podes informarte escribindo a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617 293 024 . Este curso traballaremos o debuxo da natureza, achegarémonos á Bauhaus e levaremos as súas propostas á nosa contorna; a BauhausdosCastros... e moito mais!!
Sempre traballando sobre os fundamentos das artes plásticas, coñecendo e explorando diferentes técnicas, ampliando e entendendo a cultura visual na que estamos inmersas e facéndoo en grupo, tratando de entendernos e respectarnos o mellor posible. 


 


En marzo novo grupo de acuarela!
Tes toda a info na pestana próximos talleres






 

domingo, 10 de febreiro de 2019

Taller de acuarela, 2019


Xa temos unha nova data para o obradoiro de Iniciación Acuarela, acabamos o taller de Xaneiro (os mércores de 16:30 a 18:00 horas) e estas semanas toca ao alumnado practicar en casa todo o aprendido e mais!
Se estades interesad@s en asistir ao novo curso, en marzo, reservade a vosa praza no email polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024 
 

Empezamos o curso con augadas, reservas e texturas; coñecendo papeis, pinceis e materiais que podemos usar, asi como, xogando coa improvisación e conectando coa delicadeza e detalles cos que nos sorprende esta técnica. Para ir logo introducindo elementos figurativos ao tempo que seguimos practicando o control da auga e o pigmento, hai persoas que parten totalmente de cero e outras que xa pintaron nalgunha ocasión, con acuarela ou con outra técnica. Traballar en grupo é motivador e divertido aprendendo moito dxs companeirxs de viaxe.