LABORATORIO CREATIVO

 ATENCIÓN! Empezamos un novo ciclo 19 de Outubro

 LABORATORIO CREATIVO:
Trátase dun espazo que nos permite medrar como creadoras; dando impulso a proxectos artísticos ou creativos que xa tes en marcha ou facendo xurdir toda a imaxinación que tes dentro, sexas artista plástica ou non.
Na práctica o laboratorio desenvólvese unha tarde de sábado ao mes dende outubro ata xuño, neste mes final facemos unha mostra ou exposición de traballos como parte da aprendizaxe global.
Cada mes realizamos unha sesión de exercicios prácticos ou teóricos achegándonos ao mundo da arte contemporánea e rompendo esas barreiras que ás veces nos poñemos nós. Levamos tarefas personalizadas, para facer individualmente e seguir explorando pola nosa conta ata a seguinte sesión. Pódese facer unha mentoría persoal ao trimestre para reforzar o camiñar creativo.
Organizase de Outubro a Xuño e o custe é de 60 euros ao mes se pagas todas as mensualidades (nove en total), en caso contrario o custe é de 90€ ao mes. Podes recuperar mediante unha titoría individual ou con compañeiras que tamén teñan pendente recuperar, o pago realizase mediante bizum ou transferencia bancaria na primeira semana de cada mes.


Empezamos o 19 de Outubro de 2024( é recomendable conversar con antelación con Polo) e seguimos cada segundo sábado de mes.

 Teremos obras expostas no Centro Cultural A Fábrica de Oleiros do 16 ao  outubro ao 30 de Outubro.

 

 

Entendernos mellor, coñecernos a nós mesmas e ao que nos rodea é unha parte esencial do que facemos no Laboratorio Creativo. As artes axudan a explorar e comprender dende outras posicións, mirando dende novos lugares.

A arte é necesaria, a cultura é un alimento que non pode falta ao ser humano. Somos máis que as necesidades básicas de alimento e acubillo. Ter o noso cerebro activo; a imaxinación, os sentimentos, a ilusión ou os soños son imprescindibles para a saúde e para unha humanidade realmente grande, transcendente.

Dende ese pensamento o laboratorio busca xerar dinámicas e experiencias para as participantes compartidas coa cidade, como a exposición en curso na Casa Museo María Pita , na que compartimos coas persoas visitantes obras finalizadas e partes de procesos de creación abertos. Anacos da nosa exploración na busca da mellora persoal e creativa. Que a exposición coincida coa proximidade do 8M fainos sentir felices de compartir dende este lugar ( a casa de María Pita ) a ilusión infinita de medrar e dar visibilidade a procesos de apoderamento que nos transforman e amodiño mudan a historia cotiá, a historia importante. 

 

 Participantes do Laboratorio creativo 

Alba PG, ChusA, Julia, Marta V, M Rojo, Natal, Paula Cabaleiro, P Cristobo, Salicornia, Vir, Violeta González Otero e Polo

 


 https://www.youtube.com/watch?v=bI1itKOzJu8

 vídeo da nosa primeira expo na Tobeira de Oza, 2021

 

https://youtu.be/4X0qGu3Mbdo

 

vídeo creación de Marta V como exercicio de creación para o laboratorio 2020

@f5_corpo_en_transito


Estamos activas dende 2020, naquel momento tan complicado este grupo de mulleres que conforman o laboratorio seguiu adiante, traballando cada unha na sua temática e creando así un espazo de benestar, de compartir o noso sentir de forma segura. O grupo vai mudando, novas incorporacións e mulleres que van facendo o seu camiño, expresándose a través da plástica e desenvolvendo os seus proxectos persoais. Algunhas achegáronse ao laboratorio sen ter feito nunca nada relacionado coas artes ... ti que pensas que é a arte? é unha actividade para uns poucos? ou é unha posibilidade de expresar para calquera ser humano? 




Unha vez ao mes xuntámonos, exploramos e traballamos xuntas. Collemos impulso para manter a creatividade no noso día a día, manter unha mirada atenta ao mundo e a nós, xogar coa arte e compartir os nosos avances coas persoas que nos rodean.

 



 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario