Amosando publicacións coa etiqueta nen@s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nen@s. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de abril de 2026

MOSAICO DA MEMORIA NA UDC, en Arrolar

 

Encontro do Mosaico da Memoria o día 8 de Maio 2026 en A Coruña, de 1630 a 1930. Gracias á cooperativa Atalaia por contar comigo nesta nova edición de Arrolar na Cratividade, Autocoidados feministas.


Moitas gracias por vir e compartir a historia das mulleres que deixaron pegada na vosa vida. Imos enchendo un capítulo da historia non contada; o capítulo das que coidaron de nós e sustentaron a vida.

 


   


martes, 21 de outubro de 2025

PEQUENAS HISTORIAS EN RECORTES unha viaxe con Carmen Martín Gaite

Este xoves 23 de Outubro estarei na Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano realizando este taller para público infantil 

( de oito a catorce anos). 

Se non coñeces os colaxes que realizou Carmen M. Gaite durante a súa estancia en New York recoméndoche solicitar en préstamo o libro na Biblioteca. 

Este consiste nunha estupenda recopilación das súas impresions diarias nas que mestura colaxe e textos. O libro titulase Visión de Nueva York.

Lembroche que este taller é unha actividade gratuíta previa inscrición en www.coruna.gal/bibliotecas

Como sempre será un taller divertido e reflexivo! 

 

 


venres, 5 de setembro de 2025

EMPEZAMOS O CURSO!

 ATENCIÓN!

 

empezamos novo curso o mércores 17 de setembro

 

Grupo de 11:00 a 13:00 

Grupo de cinco a sete

 

E tamén o xoves: de catro a seis e de seis a oito. 

 



O grupo infantil comeza en outubro.

O laboratorio creativo para mulleres comeza en outubro pero xa estamos facendo as titorías individuais para ir situandonos no camiño. 

Reserva a túa praza ou infórmate en polotallerdepolo@gmail.com 





luns, 5 de maio de 2025

OBRADOIRO DE COLAXE NA BIBLIOTECA

 



Aínda queda algunha praza para o obradoiro deste mércores na Biblioteca do Forum. O link para anotarte!

https://www.coruna.gal/bibliotecas/es/actividades/plantillas/actividades-en-las-bibliotecas/detalle-evento/obradoiro-descubrindo-a-moda-a-traves-da-pintura/suceso/1453890393726

 

Antes da invención da fotografía as pintoras e pintores foron relatores do seu tempo deixándonos valiosa información acerca da moda e costumes propias da súa época.

Neste taller imos combinar a Historia da Arte coa creación contemporánea a través do colaxe, ofrecendo unha perspectiva crítica e creativa sobre a moda de outros tempos. 

O colaxe consiste en crear unha nova representación a partir da apropiación e mestura de imaxes xa existentes. Nós imos empregar como punto de partida para o noso colaxe varias pinturas que nos mostran a moda do seu momento e deixan constancia da súa importancia como expresión de poder, status e gusto persoal.

Apropiarémonos sobre todo de pinturas presentes no Museo do Prado ( aínda que tamén doutros museos) e, a partir de estas, realizaremos obras que reflictan os nosos descubrimentos sobre a vestimenta e costumes de séculos pasados.

 

 

 

domingo, 11 de decembro de 2022

PEQUE ARTISTAS en Nadal

 

!!!! Atención a esta proposta para xs máis peques para desfrutar dun tempo de calidade  e creativo estas festas de Nadal. 

Para formalizar a reserva escribe por email polotallerdepolo@gmail.com ou aos telf.  617 293 024 e 634 583 689 (Julia)  e te daremos un numero de conta/bizum no que realizar o ingreso de 20 euros (que serán un adianto do importe do taller).
Temos un máximo de 12 prazas para desenvolver esta actividade polo que te recomendamos , se estaś interesadx nos contactes prontiño.

 


Ofrecémosvos un obradoiro que empeza o día 26 ata o día 30 con horario de  dez( ou un pouco antes se o precisas) ata as 14:00 horas, con flexibilidade se precisas que te esperemos.
Está pensado para nenxs a partir de seis anos e ata doce, ou que teñan certa autonomía e poidan estar a mañá con nós sen estrañar á familia.

Vai a ser un taller moi completo combinando a expresión artística con distintos materiais e propostas a partir da obra de Frida Kahlo, Dubuffet e Y. Kusama. Realizaremos escultura, fotografía, pintura e ata unha instalación mesturando o traballo individual e colaborativo entre as participantes. Estruturaremos as actividades cada día de maneira similar para xerar un ritmo de seguridade e solidez. Con unha parte teórica sinxela e aberta ao diálogo no grupo e unha parte práctica na que deixar espazo á expresión e creación máis libre. Reservamos un dos días para facer unha visita en grupo ao Museo de Belas Artes e empaparnos de arte toda a mañá. Faremos o desprazamento no transporte publico como parte da experiencia, observando a contorna con ollos de artista.

Previo ao comezo do obradoiro buscaremos un día para reunirnos con vós, coas familias , para que nos coñezades a Julia e a Polo,  e falar polo miúdo.

O prezo do taller é de 80 euros cada nen@ pola actividade completa (no caso de sobrar prazas admitiremos nenxs en días soltos). Este prezo inclúe os materiais pero non inclúe unha merendiña para media mañá, que debe traer cada participante. Tampouco inclúe os desprazamentos ao museo que realizaremos no transporte urbano para o que sería conveniente traer cada unha a súa tarxetiña de bus.
Para irmáns te facemos un desconto e quedaría en 75 euros para cada peque. Tamén teñen desconto o alumnado do tallerdepolo e do Atelier con Julia.
Tamén podes vir días soltos, o prezo é de 30 euros/ día

domingo, 9 de outubro de 2022

I CONCURSO DE DEBUXO DE HALLOWEEN organizado pola Distrito Oza, Asociación de Comerciantes.

 


Cóntovos! 

teño o pracer de colaborar nunha iniciativa da Asociación de Comerciantes Distrito Oza para dinamizar o noso querido barrio. Está a organizar dita asociación o “I Concurso de Dibujo Infantil de Halloween” máis unha festiña familiar para finais de mes coa mostra de todos os debuxos na entrada do Forum .

Ademais de colaborar con eles o aporte do tallerdepolo son DOUS VALES por dous meses de clases cada un para os gañadores do concurso, e máis premios super chulos!!

 


 


Gañadores seremos todxs se imos dando pasos para reconciliar a vida do barrio con unha vida acolledora e digna para todas as persoas que o habitamos. Para empezar a dar pasos, se coñecedes nenxs de 6 a 12 anos anímaos a participar, sabendo que o mellor de debuxar é ese momento en que abrimos as portas á imaxinación e deixamos que as liñas camiñen libres representando realidades e soños de maneiras singulares, únicas ;) Elixiranse entre as persoas participantes tres traballos para ser premiados porque non podemos (aínda) premiar a todas, pero si podemos admirar e desfrutar a imaxinación e beleza dos debuxos nunha mostra dos traballos na entrada do Forum do 26 ao 31 de Outubro. Si que gañamos todxs :)

É un pracer que conten co tallerdepolo dende a Asociación de Comerciantes de Oza e poder aportar á veciñanza de Os Castros un pouquiño da ilusión que pode transmitir o debuxo e a pintura. Todxs temos a certeza do que implica un barrio vivo, cheo de comercios e movemento onde poder atopar o que precisamos e establecer relacións que van máis alá do puro acto de mercar.

Anímovos a participar e oxalá teña o pracer de coñecerte en persoa porque vas desfrutar dese vale de clases por dous meses ;)

luns, 26 de setembro de 2022

Comezamos un novo curso!! de Outubro a Xuño con grupos de pintura e debuxo, taller infantil e unha nova posibilidade; teatro terapia.

As clases son un tempo para ti, para compartir en compañía o pracer de pintar, aprender e facer cousas moi lindas. Aprender a pintar e moito máis! Lembra que tamén sairemos a ver exposicións en grupo; aprender a través da obra de outros artistas e pasar un tempo de calidade compartindo cultura e arte.


Na pestana HORARIOS 2022-2023 tes toda a información e tamén contactando comigo no tlf. 617 293 024 ou en polotallerdepolo@gmail.com 

Grupos reducidos de pintura e debuxo os luns e xoves pola tarde e mércores pola mañá, con Polo como mestra. Reserva a túa matricula canto antes!
Seguiremos traballando en pequenos grupos, nos que podes debuxar e pintar: óleo, acrílico ou acuarela, probar a mesturar técnicas ... nas tardes do luns e xoves . Con amplo horario para conservar eses grupos cativos (podemos empezar as catro-cinco e ata as oito ou nove, segundo se formen os grupos cada dúas horas). Tamén seguimos pintando os mércores pola mañá no mesmo horario habitual a partir das 10:30 horas.
Nos grupos de PINTURA podes probar diferentes técnicas e buscar a que se adapte máis a ti e ao momento no que te atopas. Mellorar o teu debuxo, adquirir coñecementos básicos para afrontar o debuxo e o volume, perspectiva ou anatomía e prepararte para acceder a escolas de arte é tamén algo que podes ir facendo ao longo do curso, realizando un bo portfolio e acadando solidez e confianza na tua man.Para o Debuxo o SABADO pola mañá é un bo día, menos un sábado ao mes teremos clase as 11:30 horas.

Laboratorio creativo
O lab para mulleres estará activo por trimestres de outubro a decembro, xaneiro-marzo e abril-xuño. Non se require matrícula pero si o compromiso de pago, por trimestres, de todos os meses que dura a actividade (de outubro a xuño) aínda que non poidas asistir ao obradoiro do mes (xa miraremos o xeito de compensalo). A mensualidade de 60 euros cubre o taller mensual (mínimo de tres horas un sábado o 3º ou cuarto sábado do mes ) e unha titoría individual trimestral .
Actualmente podedes ver unha exposición no Café Universal cos traballos de dúas das participantes do primeiro laboratorio, Marta V e Paula Cabaleiro, pásate a vela!
A primeiros de 2023 expoñeremos na Casa Museo de María Pita un conxunto de traballos de algunhas das participantes de este marabilloso grupo de creación.

Taller infantil
As clases do grupo Infantil impartidas pola artista Julia Aguiar continúan todos os venres de cinco a seis e media, cun prezo de 48€/mes (exentos de matricula) e inclúe todos os materiais excepto un bloc de debuxo persoal (A3 acuarelable) para cada nenx. Calquera información Julia vos contesta con gusto no telf. 634 583 689  ,no email juliaguiarmarcos@outlook.com e no Instagram e facebook @atelierconjulia

Taller de teatro terapia
Unha novidade que nos ofrece este curso Marina Rivela é un grupo de teatro terapia, unha actividade moi especial “Un lugar donde la expresión en libertad es bienvenida y cuidada. Soltar carencias, creando así una red para caer en un remanso de paz, de alegría. Necesitamos estar curad@s para curar e intentar construir nuestro mundo interior más fuerte que nunca.” para adultos nas tardes dos mércores .
Podes consultar polo miúdo con Marina no tlf. 651 497 857 ou no Instagram @T. espejoalma

"Un espazo para coñecernos e entender que nos ocurre moitas veces con nosoutrxs mesmxs e cos demais. É curioso porque cando nacemos vimos con toda a información para poder vivir en paz, para gozar do simple, do cotiá. Que nos ocurre pra que logo non sexamos cpaces de captar o sentido da vida? E as veces é tan fácil como: escoitate, para , respira e desfruta. "


Clases de arte terapia os Mércores pola tarde!  contacta con  Marina Rivela no instagram @t.esperjoalma ou no tlf. 651497857



Espérovos no taller! Compartindo momentos moi especiales cheos de creatividade e humanidade :)




mércores, 14 de setembro de 2022

Obradoiro infantil de verán

Este verán volvín a retomar o contacto coas persoas máis novas e foi gracias ao Concello de Oleiros que me confiou a tarefa de dar un obradoiro de Ilustración e banda deseñada para idades a partir de seis ata doce anos,  un rango amplo no que hai que ofrecer intensidades distintas adaptándonos tamén ao lúdico do tempo de vacacións. 

A prioridade foi que o pasaran ben, deseñar un obradoiro dinámico, con exercicios diferentes cada día,  sabendo que a asistencia nos días de verán é desigual. Que confiaran nas súas habilidades e que levaran recursos para trasladar ao papel as súas ideas e historias por contar.


A avaliación final deixounos moi boas notas as dúas; contei coa axuda de Iria de @sucedeartevisual unha persoa marabillosa coa que foi moi fácil traballar e manter un ambiente enerxético e de ilusión cada día do taller. 

 

Comeza o outono e xa estamos empezando un novo curso, na pestana de HORARIOS 22-23 tes información de días, horarios e actividades que estamos armando pra que o próximo sexa un bo curso,  cheo de ilusión e creatividade.

 

 

sábado, 28 de agosto de 2021

Con Marina naidedía

Enredoume “Marina nai de dia” para incorporar a miña forma de entender a expresión plástica  ao seu proxecto de “madre de día”. Marina González lidera dende hai anos un proxecto de nai de día en Santa Gema, en A Coruña. Unha pequena familia de peques de cero a tres anos coidados e moi queridos por Marina que os acolle ao longo do ano, coincidindo normalmente co curso escolar.    

 


Un reto e unha gran aprendizaxe levar a miña práctica a estas persoas tan pequenas como abertas ao mundo e a exploración, aprendo eu básicamente :)))
Síntome feliz con esta oportunidade que me brindou Marina, unha compañeira marabillosa e xenerosa. Momentos incribles vividos con unhas peques que teñen en Marina unha compañeira para medrar cheas de cariño. 

 


O entorno para as peques ao chegar o bo tempo é unha delicia, un pequeno xardín permitenos experimentar fóra desfrutando do aire libre. Na imaxe podedes ver o mural que pintei o pasado verán para darlle cor e máis visibilidade ao seu espazo. 

 


 







venres, 7 de agosto de 2020

veranearte kids experiencia 2020

O veranearte peques de este verán atípico foi un pouco diferente para asegurar as conseguintes medidas de seguridade para as participantes. En grupos reducidos puidemos desfrutar do arte de Frida Kahlo e Yayoi Kusama, buscando as cores mais optimistas. Experimentar, probar materiais, enredar e sorprenderse son obxectivos saudables en calquera momento do ano e da vida. Pequenxs artistas descubrindo as súas tremendas habilidades, rindo e medrando xuntas.

Desexamos que o próximo verán poidamos compartir arte e vivencia con soltura e sen restricións. En setembro retomaremos as clases para peques, nun formato aínda por definir para adaptarnos de maneira segura ás circunstancias. Se che interesa achegar a arte e a pintura aos teus peques dunha maneira respectuosa coa súa personalidade, dende o fomento da experimentación e formándoos na análise da cultura visual tan importante nestes tempos, ponte en contacto co tallerdepolo e reserva uns horarios á túa medida. 

 

 

mércores, 1 de xullo de 2020

talleres de veran

Este verán, repetimos aventura veranearte, ofrecéndovos talleres soltos -máximo cinco nenos- e en formato de hora e media. Separando os espazos de creación de cada peque, contando cada unha/un co seu material para usar.


Días soltos 15 euros/cada participante, se fas os tres días: 40 euros/participante. Para peques de menos de dez anos, consultanos calquera dubida dobre os talleres.

Pintura, expresión e un pouco de historia da arte da man de mulleres pintoras:

-7 Xullo de 11,00 a 12,30 horas “Viva la vida” a partir de bodegóns de Frida Kahlo proporemos unha explosión de cor e froita!

--14 Xullo de 11,00 a 12,30 horas “Yayoi Kusama world” representaremos con cartón obxectos cotiás á maneira de Y. Kusama, un mundo de puntos!

---21 Xullo de 11,00 a 12,30 horas “Pintura e movemento”a partir da obra de Judith Godwin e Martha Graham exploraremos o movemento e a pintura, o noso corpo como inspiración e expresión!

O mes de Xullo sigue en marcha a clase dos sábados, un grupo reducido de mozas e mozos a partir de dez anos de idade. Exploran a través do debuxo e a pintura os seus intereses, é un espazo formativo e creativo onde poder expresarse con liberdade.

Queda algunha praza agardando por ti! Grupo dos sábados, de 11:30 horas a 13:30 horas, prezo 43 euros/mes.

E a partir de 10 anos de idade recomendámosche o #ponllearte unha experiencia que te vai a encantar! Formación, exploración, conversas e creación. Trinta horas aproximadas de taller que pasan voando!! Compartir con xente moza durante tres semanas paseos, entrevistas, debuxar e explorar materiais, coñecer o barrio e a diversidade dos seus habitantes... comprometéndonos a crear entre todas as persoas participantes un fanzine para o barrio!!



Sobre Ponllearte:

Iniciamos en 2019 unha experiencia piloto do proxecto Ponllearte, unha proposta de conexión entre a mocidade e os diferentes habitantes do barrio tendo como vehículo articulador as artes plásticas. Esa mestura de barrio, creación e mocidade son parte dos ingredientes para xerar un tempo de verán diferente e enriquecedor, dende a aposta polo estímulo, optimismo e formación cara a afrontar o futuro.

Este ano, debido ao escenario creado a raíz da corentena sanitaria, ampliamos este proxecto e o poñemos en relación con máis habitantes do barrio. De maneira que estamos implicando a comerciantes da cidade para que nos apoien e colaboren na formación da mocidade a través das artes mentres facemos barrio. O seu aporte axúdanos a financiar o proxecto, podendo asi ofrecer á rapazada unhas trinta horas de obradoiro intenso e rico en vivencias.

DATOS DO TALLER

-*Proceso de creación en grupo e elaboración dun fanzine (revista auto-editada) sobre o barrio deseñando e creando cada participante unha ilustración ou creación gráfica/literaria.

-mocidade a partir de 10 anos

-Inicio LUNS 27 DE XULLO finaliza aproximadamente o 14 AGOSTO


30 horas de taller, 9 horas semanais durante tres semanas mais horas soltas a cuarta semana.

De 11,00 a 14,00 horas

material incluído

PREZO: 60 EUROS/ PARTICIPANTE

Formaremos dous equipos en grupos reducidos e adicaremos unha xornada semanal a coñecer e investigar no exterior, no barrio.


EQUIPO 1 – LUNS , MÉRCORES E XOVES DE 11,00 a 14,00 horas

EQUIPO 2 – MARTES, MÉRCORES E VENRES DE 11,00 a 14,00 horas*


* calendario aproximado, podemos adaptarnos as túas variables.

EQUIPO 1- DÍAS 27, 29 e 30 de xullo + 3,5,6,10,12 e 13 AGOSTO

EQUIPO 2- DÍAS 28, 29 e 31 de xullo + 4,5,7,11, 12 e 14 AGOSTO

mais un par de días de colaboración na edición e remate do fanzine, probablemente os días 18 e 19 de AGOSTO.

Tamén desfrutaremos da presentación do fanzine e do proxecto nunha celebración con tódolos participantes un día por concretar aínda, finais de agosto ou principios de setembro.


O obradoiro consistirá en compartir un proceso creativo complexo, no que individualmente nos comprometemos a aportar unha ilustración ou creación para un fanzine que nos falará sobre o barrio e o seu futuro. Este fanzine será a suma da nosa creatividade máis os aportes que os seus habitantes nos trasladarán en visitas e diferentes sorpresas cada semana. Estes equipos

de creación estarán acompañados por Polo (artista e mestra, tallerdepolo taller de arte) Son (Terapeuta Ocupacional e creativa, Ocupacións significativas) e Carlota (fotógrafa e creativa, Carlota Méndez fotografía) e xunto coas persoas participantes probaremos diferentes técnicas, debuxaremos, escribiremos, e dialogaremos reflexionando sobre o que vaiamos descubrindo.


Obxectivos cara á mocidade participante:

-dar esmulo e formación as participantes

-descubrir e dar forma á nosa creatividade

-investigar e pensar a través das artes e a creación

-vincularse ao barrio e o comercio local a través dunha mirada creativa

-relacionarse de maneira positiva co grupo e coa contorna

-acoller a diversidade tanto no equipo creador como na contorna

-coñecer e reflexionar sobre un/unha mesmo e a sociedade


Podes atopar imaxes e información de parte do vivido o pasado verán en ponllearte.blogspot.com

https://ponllearte.blogspot.com/

E podes seguir todos os pasos en Facebook e Instagram @ponllearte e nas etiquetas #ponllearte ou #ponlleartefriends #ponlleartemecenas


Un saúdo forte e os mellores desexos para este verán!





mércores, 13 de maio de 2020

veranearte kids, pílula para peques

Para Xullo, desexamos poder repetir un ano máis a maxia de veranearte kids. Explorar e crear a partir da obra de artistas clásicxs e contemporáne@s, dando visibilidade á obra de mulleres artistas, aprendendo a través do xogo e a diversión; promovemos un espazo de crecemento artístico e persoal, coidando as sinerxías xeradas entre as participantes.Expresar e crear, sobre todo, a partir da pintura e o debuxo en grupo e individualmente. Achegarémonos á obra de artistas como F. Kahlo, Y. Kusama, Hilma af Klint, Sofie T. Arp, ou Judith Godwin.

Este verán, queremos repetir aventura veranearte, ofrecéndovos talleres soltos -para un pequeno grupo- e en formato de dúas horas. Segundo vos vaiades anotando imos facendo grupos e horarios axeitados a vós, trátase de aportar un espazo de paz, de arte, especial e coidado.



"O neno que desenvolveu liberdade e flexibilidade de expresión poderase enfrontar a novas situacións sen problemas. Mediante os seus métodos flexibles para expresar as súas ideas, non só se enfrontará axeitadamente a novas situacións , se non que tamén se adaptará facilmente a elas.(...) Posto que en xeral se acepta que o progreso, o éxito e a felicidade dependen en gran medida da capacidade para adaptarse a novas situacións, é fácil recoñecer a importancia da educación artística para o desenvolvemento e o crecemento da personalidade.” Lowenfeld





Cara a xullo e, segundo se desenvolva a situación actual poderemos concretar e dar mais datos.

Desexando que esteades todxs ben e que poidamos vernos pronto!