domingo, 11 de decembro de 2022

PEQUE ARTISTAS en Nadal

 

!!!! Atención a esta proposta para xs máis peques para desfrutar dun tempo de calidade  e creativo estas festas de Nadal. 

Para formalizar a reserva escribe por email polotallerdepolo@gmail.com ou aos telf.  617 293 024 e 634 583 689 (Julia)  e te daremos un numero de conta/bizum no que realizar o ingreso de 20 euros (que serán un adianto do importe do taller).
Temos un máximo de 12 prazas para desenvolver esta actividade polo que te recomendamos , se estaś interesadx nos contactes prontiño.

 


Ofrecémosvos un obradoiro que empeza o día 26 ata o día 30 con horario de  dez( ou un pouco antes se o precisas) ata as 14:00 horas, con flexibilidade se precisas que te esperemos.
Está pensado para nenxs a partir de seis anos e ata doce, ou que teñan certa autonomía e poidan estar a mañá con nós sen estrañar á familia.

Vai a ser un taller moi completo combinando a expresión artística con distintos materiais e propostas a partir da obra de Frida Kahlo, Dubuffet e Y. Kusama. Realizaremos escultura, fotografía, pintura e ata unha instalación mesturando o traballo individual e colaborativo entre as participantes. Estruturaremos as actividades cada día de maneira similar para xerar un ritmo de seguridade e solidez. Con unha parte teórica sinxela e aberta ao diálogo no grupo e unha parte práctica na que deixar espazo á expresión e creación máis libre. Reservamos un dos días para facer unha visita en grupo ao Museo de Belas Artes e empaparnos de arte toda a mañá. Faremos o desprazamento no transporte publico como parte da experiencia, observando a contorna con ollos de artista.

Previo ao comezo do obradoiro buscaremos un día para reunirnos con vós, coas familias , para que nos coñezades a Julia e a Polo,  e falar polo miúdo.

O prezo do taller é de 80 euros cada nen@ pola actividade completa (no caso de sobrar prazas admitiremos nenxs en días soltos). Este prezo inclúe os materiais pero non inclúe unha merendiña para media mañá, que debe traer cada participante. Tampouco inclúe os desprazamentos ao museo que realizaremos no transporte urbano para o que sería conveniente traer cada unha a súa tarxetiña de bus.
Para irmáns te facemos un desconto e quedaría en 75 euros para cada peque. Tamén teñen desconto o alumnado do tallerdepolo e do Atelier con Julia.
Tamén podes vir días soltos, o prezo é de 30 euros/ día

Ningún comentario:

Publicar un comentario