luns, 3 de xuño de 2024

FANZINE EXPRÉS!!

 Xa te podes inscribir no próximo taller de Nocturnia, un obradoiro para facer un fanzine en comunidade :)

  

Nesta actividade faremos en grupo un Fanzine! Esta pequena publicación recollerá un traballo de cada participante. Mediante o debuxo e a palabra cadaquén abordará un tema actual e de interese propio e lle dará forma gráfica para compartilo co mundo formando parte de este fanzine comunitario. 

 

Elixiremos o nome, organizarémonos (temáticas, orden, unidade estética ou formal) e poñeremonos “as pilas” para aportar contido a esta publicación exprés, 12 páxinas máis portada e contraportada, cadaquén ten a sua páxina por diante. Diferentes técnicas para abordar ese tema de interese e o apoio do grupo para acadar resultados.

Veremos exemplos de fanzines, técnicas e temas diferentes creadores de maneira moi persoal e orixinal por artistas fanzineiros.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario