Queridos artistas do tallerdepolo volvemos a coller o pincel e o lápis a partir do 15 de setembro, estás preparadx?
Esta é a proposta de horarios para o vindeiro curso, necesitamos acadar un mínimo de participantes para facelas efectivas pero algúns dos grupos xa están case cheos, ollo.
Escribe ou chama ao 617 293 024 ou no email polotallerdepolo@gmail.com para reservar a túa praza.
MARTES
de 17:00 a 18;30 horas temos DEBUXO MANGA para nenxs de oito a doce anos de idade. Con Patricia Saavedra ambos grupos do Martes.
MARTES
de sete da tarde a nove MODELANDO IDEAS con arxila de secado ao aire, adultos.
MÉRCORES
de 11:00 a 13:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.
MÉRCORES
de 17:00 a 19:00 horas propoño unha viaxe polo debuxo e todo o que nos ofrece a súa práctica + QUE UN CURSO DE DEBUXO, unha viaxe polo debuxo máis clásico, o debuxo como posibilidade narrativa e disruptiva. Este curso inclúe a materialización das aprendizaxes mediante a Fanzinería, un espazo para concretar o aprendido e compartilo co resto do mundo mundial.
de 19:00 a 20:00 horas Fanzinería! un pequeno espazo para acompañar e facilitar a creación individual ou en grupo de fanzines. Incluída no curso de debuxo +QUE UN CURSO DE DEBUXO, podes vir só á fanzinería (1 hora á semana =40€/mes) .
XOVES
de 16:00 a 18:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.
de 18:00 a 20:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.
VENRES
de cinco a seis e media Peque Artistas con Julia Aguiar, a partir de cinco anos de idade.
SÁBADO
Laboratoria, un espazo de creación só para mulleres. Unha vez ao mes atopámonos de maneira presencial para compartir os nosos procesos de creación. Inclúe mentoría mensual individual. De outubro a xuño. En setembro empezamos a vernos e imos deseñando a ruta .
Vémonos no tallerdepolo para compartir xuntxs o que nos gusta: as artes, a cultura, a convivencia en paz e a ilusión por unha vida chea de beleza. Vémonos pronto!

Ningún comentario:
Publicar un comentario