Amosando publicacións coa etiqueta cursobasico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cursobasico. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de xaneiro de 2026

Volvemos a clase!

Despois deste tempo festivo de Nadal volvemos todos os grupos a clase: mércores de mañá e tarde, xoves pola tarde e venres peque artistas con Julia Aguiar. 

E o laboratorio creativo volve este sábado 10 de xaneiro, temos unha praza libre. Se queres unirte escribeme canto antes! 

 

 


 

 

Consulta horarios se queres empezar en algún dos grupos en marcha, lembra que tamén te ofrecemos asesoramento personalizado en mentorías individuais. 

 

Empeza este novo ciclo 2026 pintando!  

 

mércores, 25 de xuño de 2025

XULLO

 Atención! 

Do 29 de xuño ao 8 de Xullo non hai clases de adultos, xa que fago un pequeno descanso :)


Os peque artistas con Julia están os martes pola mañá e grupo de adultos, a partir de 10 anos, os mércores 9-16-23 e 30 de xullo. 

E os martes 15 e 22 de xullo podes vir a facer colaxe ;) 


Escribe a polotallerdepolo@gmail.com e reserva a túa praza para colaxear!

 




venres, 29 de maio de 2020

Curso Básico, pílula fundamental para este verán

Curso Básico, pílula fundamental para este verán

Retomar o debuxo, explorar as bases e divertirse compartindo a aprendizaxe. Esta é a ultima pílula enerxética para este verán.

A partir de Xuño propóñovos(sempre tendo en conta as recomendacións de seguridade sanitaria do momento) obradoiros cortos como o Curso Básico, unha serie de talleres de hora e media nos que abordaremos de maneira divertida e, en pequenos grupos, as bases do debuxo.

O debuxo é o principio fundamental das artes plásticas e a base estrutural para proxectos de deseño, artísticos ou creativos. En cada taller iremos dando pasos para coñecer eses elementos que conforman a linguaxe plástica e levalos á nosa practica. O prezo de cada taller é de 15 euros/participante e podes tomalos soltos ou anotarte ao curso completo.

Escribe e reserva a tua praza no polotallerdepolo@gmail.com



Non é posible debuxar ben sin vivir o momento; isto é, sin involucrarse no que se esta debuxando. Betty Edwars



venres, 8 de maio de 2020

Este verán será un tempo de acción

A incerteza conéctanos a todas/os estes días, recuperar as actividades cotiás será cousa de tempo e tamén de enerxía pois todxs quedamos afectadas dalgunha maneira e por suposto, emocionalmente. Pero todxs temos tamén experiencia en cambios e en emocións fortes e sabemos que pasar á acción e tomar o control é sanador. As artes conectan acción, pensamento, corpo, emoción e por suposto, curación.

Este verán será un tempo de acción: recuperar e prepararse para un mundo cambiante porque queda moito por vivir e moitos retos e aventuras. No tallerdepolo ofrecerémosche as clases habituais de pintura e, a maiores, estas pílulas estimulantes.






mércores, 11 de marzo de 2020

Curso Básico


A finais de mes estamos a facer o Curso Básico, un obradoiro que nos vai achegar taller a taller (unha vez ao mes) aos fundamentos da plástica, empezando polo debuxo e os seus elementos básicos (liña, plano, textura,...) está a ser un complemento para o alumnado que asiste as clases de pintura no tallerdepolo e tamén unha oportunidade de achegarse á plástica de maneira divertida para as persoas que estades pensando en empezar a pintar ou debuxar.
O noso primeiro Básico tratou sobre a liña e foi unha xornada ben divertida e reveladora porque o que parece sinxelo pode dar moito de si, dar moito xogo!

O próximo Básico será o 25 de Marzo e achegarémonos ao encaixe, debuxo de estrutura e á proporción sorprendéndonos e xogando na aprendizaxe. :)