martes, 21 de abril de 2026

MOSAICO DA MEMORIA EN ARROLAR NA CREATIVIDADE

 

Atención! Próximo encontro do Mosaico da Memoria o día 8 de Maio 2026 en A Coruña, de 1630 a 1930. Gracias á cooperativa Atalaia por contar comigo nesta nova edición de Arrolar na Cratividade, Autocoidados feministas.
 
Lee abaixo do cartel toda a info sobre o Mosaico da Memoria por se tes dúbidas do que tes que traer ou preparar antes de vir. 
 

 

O Mosaico da Memoria é unha obra que se enmarca dentro da arte relacional e participativa. Para iso, Polo, a artista, convídanos a participar nun encontro no que crearemos pezas individuais que formarán parte dunha instalación: un mosaico. Os eixos desta son:

  • Que a arte teña un significado e un compoñente social, xerando relacións e prácticas valiosas das que emerxe a obra final.

  • Que todas poidamos participar na creación dunha imaxe significativa que aporte unha nova representación da muller e tamén dos coidados.

  • A arte pode xurdir de materiais sinxelos, reutilizados e ordinarios, nos que tamén se atopa beleza.

  • Dar visibilidade ás nosas mulleres referentes e, polo tanto, á historia dos coidados, abrindo un contexto creativo e afectuoso.

  • Que a nosa visión (esta representación) e a nosa historia se mostren ao público en contextos axeitados, polo que se promove a exposición pública do Mosaico da Memoria.

Como “funciona” o Mosaico da Memoria? Como se crean as peciñas que o forman?

  • Unha vez teñamos o listado de persoas anotadas para realizar a actividade, convidarémolas a indagar no seu arquivo fotográfico familiar na busca desas mulleres referentes na súa historia de vida (ou no eido social). Pódese promover unha busca máis concreta, como a das mulleres do rural ou as mulleres labregas, para dar visibilidade a un colectivo específico. 

     

  • Cada participante traerá copias desas imaxes fotográficas, que servirán para presentalas ao grupo e tamén para realizar un pequeno diorama con elas. Tede en conta o tamaño da caixa que servirá de base. Podes traer elementos que te fagan pensar nesa muller referente: teas, unha cor que lle gustaba, ... déixate levar pola tua imaxinación e conecta coa túa historia. 

     

  • Reutilizamos caixas de media ducia de ovos de Pazo de Vilane, que nos serven como estrutura base para elaborar individualmente o noso diorama, empregando o colaxe e elementos sinxelos presentes na vida cotiá. As medidas aproximadas son 17 x 11 x 6 cm.

  • O Mosaico da Memoria estivo exposto no ano 2025 no espazo artístico Local de María Xosé Díaz, en Teo, e no ano 2024 na Casa Museo María Pita da Coruña.

 Calquera dúbida que teñas contacta no tlf 617293024 ou no email polotallerdepolo@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario