Moitas gracias por vir e compartir a historia das mulleres que deixaron pegada na vosa vida. Imos enchendo un capítulo da historia non contada; o capítulo das que coidaron de nós e sustentaron a vida.
Moitas gracias por vir e compartir a historia das mulleres que deixaron pegada na vosa vida. Imos enchendo un capítulo da historia non contada; o capítulo das que coidaron de nós e sustentaron a vida.
Volve o Mosaico da Memoria :) esta vez en Teo e en Vigo.
Únete a crear en comunidade esta obra grande polo que representa e porque da visibilidade a tantas mulleres que normalmente quedan aí agochadas... os coidados, os afectos,... ti sabes.
O sábado 20 de setembro estarei en Cacheiras, Teo, no Local de María Xosé Díaz e só tes que reservar a túa praza escribindo ao email polotallerdepolo@gmail.com e así te explico os detalles.
O sábado 27 de setembro estarei en Vigo, na Asociación Lar de Sopas de 11:00 a 14:00 e de catro a seis, argallando xuntas este mosaico.
Sabes que é unha actividade gratuíta para as participantes. Pero si que tes que traer algún material persoal que te indicarei por correo cando realices a túa reserva.
En Teo podes ver a miña expo individual no Local de María Xosé Díaz durante setembro e parte de Outubro. Inauguración o día 12 , estás convidadx!
Convidámoste a formar parte do proceso de creación dun mosaico que recolle a parte feminina do noso pasado, re-visitando ás nosas mulleres referentes; avoas, nais, tías, amigas,... unha oportunidade para conectar e entender ás mulleres que nos precederon. O pasado aínda nos constrúe?
Realizaremos unha obra artística que une todas as pezas que vaiamos creando en diferentes obradoiros e lugares ao longo deste ano e próximo. Empregaremos o colaxe como técnica guía ou predominante podendo incluírse tamén debuxo ou o que xurda no momento e segundo os materiais que teñamos a man.
Actividade gratuíta para mulleres, os próximos encontros serán en Bergondo e na Casa Museo M Pita. Para o encontro en MPita aínda quedan prazas podes reservar escribindo a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf 617 293 024.
E lembra que aínda podes visitar a exposición Mosaico da Memoria ata o día 30 de xuño na Casa Museo María Pita.
Enredoume “Marina nai de dia” para incorporar a miña forma de entender a expresión plástica ao seu proxecto de “madre de día”. Marina González lidera dende hai anos un proxecto de nai de día en Santa Gema, en A Coruña. Unha pequena familia de peques de cero a tres anos coidados e moi queridos por Marina que os acolle ao longo do ano, coincidindo normalmente co curso escolar.
Un reto e unha gran aprendizaxe levar a miña práctica a estas persoas tan pequenas como abertas ao mundo e a exploración, aprendo eu básicamente :)))
Síntome feliz con esta oportunidade que me brindou Marina, unha compañeira marabillosa e xenerosa. Momentos incribles vividos con unhas peques que teñen en Marina unha compañeira para medrar cheas de cariño.
O entorno para as peques ao chegar o bo tempo é unha delicia, un pequeno xardín permitenos experimentar fóra desfrutando do aire libre. Na imaxe podedes ver o mural que pintei o pasado verán para darlle cor e máis visibilidade ao seu espazo.