Amosando publicacións coa etiqueta visitasmuseos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitasmuseos. Amosar todas as publicacións

domingo, 2 de febreiro de 2025

Visita á exposición de Hilma Af Klint no Guggenheim Bilbao

Saímos de visita á exposición de Hilma Af Klint no Guggenheim Bilbao. 

Quedamos sorprendidas e emocionadas coa obra dunha artista visionaria, unha muller referente e exemplo para todas nós. 

Se tedes ocasión de ver a súá obra en directo non dubides en facelo porque seguro vos vai transformar en algún aspecto. A nós inspirounos .

 


xoves, 13 de xuño de 2024

Próximos encontros do Mosaico da Memoria

 

Convidámoste a formar parte do proceso de creación dun mosaico que recolle a parte feminina do noso pasado, re-visitando ás nosas mulleres referentes; avoas, nais, tías, amigas,... unha oportunidade para conectar e entender ás mulleres que nos precederon. O pasado aínda nos constrúe?

Realizaremos unha obra artística que une todas as pezas que vaiamos creando en diferentes obradoiros e lugares ao longo deste ano e próximo. Empregaremos o colaxe como técnica guía ou predominante podendo incluírse tamén debuxo ou o que xurda no momento e segundo os materiais que teñamos a man.

Actividade gratuíta para mulleres, os próximos encontros serán en Bergondo e na Casa Museo M Pita. Para o encontro en MPita aínda quedan prazas podes reservar escribindo a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf 617 293 024. 


E lembra que aínda podes visitar a exposición Mosaico da Memoria ata o día 30 de xuño na Casa Museo María Pita.

 


 

 







 

martes, 28 de maio de 2024

MOSAICO DA MEMORIA exposición en Casa Museo M Pita

 

Queridxs artistas!  

Estamos de celebración xa que Polo inaugurou o mércores 22 de maio ás 19:00 horas na Casa Museo M Pita a exposición Mosaico da Memoria na que exhibe dúas pezas que poñen en valor ás mulleres que nos precederon.

O Mosaico da memoria é unha obra participativa na que a partir de encontros, inicialmente non mixtos, rememoramos ás mulleres que foron referentes para nós. Máis de cincuenta persoas colaboraron na realización de esta peza na que cada unha recrea unha parte do mosaico a partir dos seus albumes de fotografías familiares. Ata o de agora realizáronse encontros en varios barrios de A Coruña, Betanzos e Pontedeume e a obra seguirá medrando xa que realizaranse novos encontros ao longo deste ano e o vindeiro.

A mostra permanecerá na Casa de María Pita ata o 30 de xuño e antes de que finalice realizarase un encontro na propia sala de exposición que fará do Mosaico da memoria unha peza viva. 

 

Vémonos alí!!


 

xoves, 9 de xuño de 2022

Visita a exposicións

 Este curso tan só nos deu tempo a facer un par de visitas a exposicións. 

A primeira foi ao Museo de Belas Artes a ver a obra pictórica de Alejandro González Pascual, unha obra moi interesante para as persoas que empezan a pintar. Ofreceunos tematicas diferentes, uns traballos poéticos e virtuosos na técnica que estivemos comentando xuntas. 

A segunda visita foi a exposicion "Textiles de artistas", que recolle estampados textiles deseñados por diferentes artistas moi recoñecidos ao longo do seculo vinte. Esta exposición aínda está na Fundación Barrié de la Maza ata o vindeiro 19 de xuño e é entretida e fácil de ver. 





Por suposto, aproveitamos a saída para coñecernos mellor, falar de arte e outras moitas cousiñas que xurden ao tomarse un café xuntas :)