Amosando publicacións coa etiqueta exposición polo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposición polo. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de setembro de 2025

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

 Volve o Mosaico da Memoria :) esta vez en Teo e en Vigo. 

Únete a crear en comunidade esta obra grande polo que representa e porque da visibilidade a tantas mulleres que normalmente quedan aí agochadas... os coidados, os afectos,... ti sabes. 



O sábado 20 de setembro estarei en Cacheiras, Teo, no Local de María Xosé Díaz e só tes que reservar a túa praza escribindo ao email polotallerdepolo@gmail.com e así te explico os detalles. 

O sábado 27 de setembro estarei en Vigo, na Asociación Lar de Sopas de 11:00 a 14:00 e de catro a seis, argallando xuntas este mosaico. 

Sabes que é unha actividade gratuíta para as participantes. Pero si que tes que traer algún material persoal que te indicarei por correo cando realices a túa reserva. 



En Teo podes ver a miña expo individual no Local de María Xosé Díaz durante setembro e parte de Outubro. Inauguración o día 12 , estás convidadx! 




xoves, 13 de xuño de 2024

Próximos encontros do Mosaico da Memoria

 

Convidámoste a formar parte do proceso de creación dun mosaico que recolle a parte feminina do noso pasado, re-visitando ás nosas mulleres referentes; avoas, nais, tías, amigas,... unha oportunidade para conectar e entender ás mulleres que nos precederon. O pasado aínda nos constrúe?

Realizaremos unha obra artística que une todas as pezas que vaiamos creando en diferentes obradoiros e lugares ao longo deste ano e próximo. Empregaremos o colaxe como técnica guía ou predominante podendo incluírse tamén debuxo ou o que xurda no momento e segundo os materiais que teñamos a man.

Actividade gratuíta para mulleres, os próximos encontros serán en Bergondo e na Casa Museo M Pita. Para o encontro en MPita aínda quedan prazas podes reservar escribindo a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf 617 293 024. 


E lembra que aínda podes visitar a exposición Mosaico da Memoria ata o día 30 de xuño na Casa Museo María Pita.

 


 

 







 

martes, 28 de maio de 2024

MOSAICO DA MEMORIA exposición en Casa Museo M Pita

 

Queridxs artistas!  

Estamos de celebración xa que Polo inaugurou o mércores 22 de maio ás 19:00 horas na Casa Museo M Pita a exposición Mosaico da Memoria na que exhibe dúas pezas que poñen en valor ás mulleres que nos precederon.

O Mosaico da memoria é unha obra participativa na que a partir de encontros, inicialmente non mixtos, rememoramos ás mulleres que foron referentes para nós. Máis de cincuenta persoas colaboraron na realización de esta peza na que cada unha recrea unha parte do mosaico a partir dos seus albumes de fotografías familiares. Ata o de agora realizáronse encontros en varios barrios de A Coruña, Betanzos e Pontedeume e a obra seguirá medrando xa que realizaranse novos encontros ao longo deste ano e o vindeiro.

A mostra permanecerá na Casa de María Pita ata o 30 de xuño e antes de que finalice realizarase un encontro na propia sala de exposición que fará do Mosaico da memoria unha peza viva. 

 

Vémonos alí!!


 

martes, 28 de febreiro de 2023

EXPOSICION na Casa Museo M Pita dos procesos creativos abertos polo Laboratorio Creativo

 Inauguramos o venres 3 de marzo de 2023 , as 18:30 horas unha exposición con traballos e procesos creativos abertos no último ano no laboratorio creativo que levamos adiante no tallerdepolo. Estades convidadxs a pasar o día da inauguración ou ao longo do mes de marzo por ese bonito museo.




Somos un grupo de mulleres que nos reunimos unha vez ao mes nun laboratorio creativo coa guía da artista Dores Polo para compartir un proceso creativo de reflexión acerca de distintos intereses persoais. Algunhas de nós non temos experiencia plástica ou artística e imos experimentando e compartindo un camiño aberto á creatividade co resto do grupo, descubrindo como todas podemos expresar e compartir sentimentos e pensamentos de maneiras que non esperabamos.
Compartir proceso é unha parte fundamental para medrar e ter confianza nas nosas habilidades. Nesta exposición vemos pezas que son froito de meses traballando e experimentando ao redor dun tema de interese. Cada participante aborda unha temática ou un problema a investigar e observar dende novos ángulos.

venres, 10 de xuño de 2022

Participacion no "Laboratorio Escóitasme?" na Fundación Seoane

Fun convidada en Maio a participar no “Laboratorio Escóitasme?” Da Fundación Luis Seoane para propoñerlles un reto a un grupo de mozas e mozos a partir do visionado dalgunha das miñas obras. O laboratorio Escóitasme comezou durante a pandemia e, un numeroso grupo de familias atoparon nel un momento de diversión e achegamento ao arte dende a distancia e seguen aínda facendo esta proposta pero de maneira presencial. Trátase dunha idea de Fermín Blanco creador do Sistema Lupo e que conta con numerosas intervencións didácticas e de educación artística en museos, colexios, e diferentes contextos. 


Elixín para este grupo realizar un reto en papel, mediante o colaxe, un reto no que mesturamos o pasado e o presente a través das imaxes, mirando a importancia que o pasado, o noso pasado ten na nosa construción identitaria tanto individual como colectiva e como podemos revisar e re-escribir a nosa historia  a través das imaxes; ofrecéndonos novas oportunidades para vernos distintas. 

 


 

 

 Mostreilles varias das miñas obras pero vouvos compartir aquí dúas; un acrílico no que incorporo tamén o colaxe ao mesturar papeis e fotografía. E un colaxe que realicei recentemente para unha publicación de Aselafem (Asociación de Estudos Laborais Feminista) Receitas de vida, Economía Feminista.  E móstrovos imaxes de como foi tomado o reto e dos resultados. 

 



 











 Moitas gracias á Fundación Seoane e a sua directora Silvia Longueira por pensar en min para este exercicio tan interesante nunha compañía tan agradable.

sábado, 21 de abril de 2018

óleo en abril


En abril xa temos mais luz, mais enerxía, nótase a chegada da primavera e con ela chega tamén o remate de eses traballos que levan tempo “no forno”.
O clima permítenos soñar con novos retos e con días de praia , nós soñamos :
 
Compártovos unhas imaxes da ilusión e a tenacidade duns pintores e pintoras que semana a semana, dan pasos e zancadas seguindo cada unha/un as súas derivas creativas. 


 Ana C. traballando duro nun retrato


 Angela M. , camiño do faro



Maite,  probando acrílico sobre cartón

 Manolo e M. Alonso, os dous son pacientes, moito.


asi como Africa , cos seus paxaros 






experiencias vexetais, encontros na fase verde  :) 

 
Tamén fixemos unha saída co alumnado do tallerdepolo o dia 7 de abril, aproveitando que moitxs artistas da cidade abrían as portas dos seus talleres. Boa ocasión para aprender, achegarnos as artistas do noso barrio e outros barrios, abrir as nosas mentes e ser moi ben recibidas nos lugares por onde pasamos.

 


   empezamos con obras de Polo, no tallerdepolo, claro 
 http://poloepolo.tumblr.com/



seguimos cos nosos veciños  El Chano, que nos recibiu con moito amor e paciencia ;)  quedamos fascinadas! 

 https://www.todocoleccion.net/arte-pintura-oleo/obra-autor-chano-coruna-2018~x110230051



logo  o taller de Benito Freire, con fotos de Isra Cubillo 

http://benitofreire.com/

http://isracubillo.com/


e nos Castros podemos atopar o taller de Tatiana Medal, interesantes traballos  que nos sorprenderon nun agochado recuncho da Merced . Descubrir un patio tan verde en medio do barrio: outra sorpresa!

http://tatianamedal.es/





 xa pola tarde fixemos unha visita ao noso amigo e cómplice Carlos Botana, artista invitado no taller de  Chelo Facal e Roque 

 http://carlosbotana.blogspot.com.es/



e seguimos ruta con Bego Tojo (gracias pola túa amabilidade e tempo) ...


http://www.begotojo.com/





Manuel Suarez    http://www.manuelsuarezcasal.com/

  

e xa rematamos en Monte Alto, onde se sitúan boa parte de talleres , nunha ruta moi concorrida  pola veciñanza coruñesa . 
visitamos ao escultor en madeira J. Mendez, que expuxo a súa obra no primeiro Taller Aberto nos Castros


visitamos a Davinia e a súa escola de circo, unha iniciativa súper linda para a rapazada, artistas conectando as artes coa educación e formación.



Unha xornada ben interesante que repetiremos pro vindeiro ano, preparando un calzado deportivo, un bloc de notas e outros tips de ruta artística.
 

luns, 26 de decembro de 2016

creatas en Betanzos








Aínda quedan días para que te poidas achegar a esta fermosa feira de arte en Betanzos, situada nun antigo matadoiro, un edificio do mais fermoso que nesta ocasión  fai de contenedor de lindas obras (do máis creativas) das que podemos desfrutar ata o 30 de decembro.
Se aínda non mercaches os agasallos do Nadal xa sabes a onde achegarte; hai arte de prezos variados e pra tódolos gustos ! ;)
vémonos en Betanzos!!
http://creatasbetanzos.tumblr.com/creatas



sábado, 3 de decembro de 2016

laborando, feira de proxectos de vida feministas










O 26 de novembro participamos en LABORANDO, Feira de Proxectos de Vida Feministas, no mercado de San Agostiño, na Coruña.
Iniciativa esta desenvolta e organizada polo grupo Experiencias Feministas da Pardo Bazán: un grupo de persoas, maioritariamente mulleres co obxectivo de compartir experiencias e ideas de acción a prol dos dereitos das mulleres en xeral e da perspectiva feminista en particular. O tallerdepolo tivo a sorte de compartir esta experiencia de organización e ilusión nos últimos meses de conta atrás do evento. Unha aprendizaxe intensa e enriquecedora no profesional e sobre todo no persoal; graciñas a tódalas persoas implicadas e cómplices nesta aventura!!!


https://experienciasfeministas.wordpress.com/2016/11/16/laborando-feira-de-proxectos-de-vida-feministas-en-marcha/




Estivemos durante a xornada creando un mural entre as persoas que se achegaron e quixeron xogar con nos a EU SON: empregamos o collage pra analizar e achegarnos a estereotipos asociados ao xénero... máis abaixo tedes imaxes re-chulas dos traballos dxs participantes :)










































































































o tallerdepolo con ReciclArte :)







artistas no espazo galeria:
http://www.montsegutierrez.com/
http://martapaz.net/
http://www.rosavisual.com/
http://paulampazo.blogspot.com.es/
http://cesteriaviva.blogspot.com.es/
http://www.asduasenpunto.com/
http://sonsdecuncun.eu/
https://remeremediosmujeresencirculo.wordpress.com/
http://poloepolo.tumblr.com/