Amosando publicacións coa etiqueta fundacionseoane. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fundacionseoane. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de xuño de 2022

Participacion no "Laboratorio Escóitasme?" na Fundación Seoane

Fun convidada en Maio a participar no “Laboratorio Escóitasme?” Da Fundación Luis Seoane para propoñerlles un reto a un grupo de mozas e mozos a partir do visionado dalgunha das miñas obras. O laboratorio Escóitasme comezou durante a pandemia e, un numeroso grupo de familias atoparon nel un momento de diversión e achegamento ao arte dende a distancia e seguen aínda facendo esta proposta pero de maneira presencial. Trátase dunha idea de Fermín Blanco creador do Sistema Lupo e que conta con numerosas intervencións didácticas e de educación artística en museos, colexios, e diferentes contextos. 


Elixín para este grupo realizar un reto en papel, mediante o colaxe, un reto no que mesturamos o pasado e o presente a través das imaxes, mirando a importancia que o pasado, o noso pasado ten na nosa construción identitaria tanto individual como colectiva e como podemos revisar e re-escribir a nosa historia  a través das imaxes; ofrecéndonos novas oportunidades para vernos distintas. 

 


 

 

 Mostreilles varias das miñas obras pero vouvos compartir aquí dúas; un acrílico no que incorporo tamén o colaxe ao mesturar papeis e fotografía. E un colaxe que realicei recentemente para unha publicación de Aselafem (Asociación de Estudos Laborais Feminista) Receitas de vida, Economía Feminista.  E móstrovos imaxes de como foi tomado o reto e dos resultados. 

 



 











 Moitas gracias á Fundación Seoane e a sua directora Silvia Longueira por pensar en min para este exercicio tan interesante nunha compañía tan agradable.

venres, 18 de maio de 2018

supermaio! ... de sereshumanos, 2018


Maio ven cargado de seres humanos, complexos e variados...
Con Paula coñecemos Voo, a obra en proceso, de Ánxela Blanco, na Fundación Luis Seoane: xeneroso compartir o proceso creativo da súa peza con debuxantes da cidade que nos achegamos a desfrutar do Voo e traballar duro nunha sesión intensa e fermosa, enmarcados nunha residencia paraíso, colectivo rpm .


  
  
Recibimos no taller a visita de Antonio, que nos introduciu nas novas masculinidades a partir do libro The descent of man, do artista Greyson Perry, único ceramista galardoado co Premio Turner. Quedamos con dúas mensaxes importantes, que hai varias formas de ser home e o manifesto que nos deixa Greyson Perry, os dereitos dos homes:
-dereito a ser vulnerable
-dereito a ser débil
-dereito a cometer erros
-dereito a ser intuitivo
-dereito a non saber
-dereito a dubidar
-dereito a ser flexible
-dereito a non ter vergoña do anterior.

  
Tamén tivemos a visita de Mar Castro, que traballa como modelo profesional para artistas, escolas de arte, ...  e veu posar un anaco para nós. Estudar un pouco de anatomía humana, parar e observar atentamente as proporcións, o movemento do corpo,...  
Mar Castro :  maaremagnum@gmail.com 







 e aínda queda maio por diante, que seguro nos depara mais sorpresas e humanos por coñecer ... 





martes, 26 de decembro de 2017

Imaxina un libro, na Fundacion L Seoane


No marco da III Eira das Artes realizamos un obradoiro aberto a participantes de todas as idades titulado, Imaxina un libro : en relación á exposición Como se imprime un libro que aínda podedes visitar na Fundación L. Seoane ata o 1 de abril do 2018.
Propuxémonos facer unha biblioteca chea deses libros cos que soñades, que aínda están por concretar e deseñar ... e penso que quedou unha boa selección :) 






 




 http://www.fundacionluisseoane.gal/fundacionls/es/exposiciones

 http://www.fundacionluisseoane.gal/fundacionls/es/exposiciones