Amosando publicacións coa etiqueta anatomia humana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anatomia humana. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de xuño de 2018

sobre o ser humano


sobre o Ser Humano investigamos, entre todxs, imos poñendo enriba da mesa cuestións que nos fagan (ou non) ser humanos. A linguaxe plástica permítenos cuestionar e enfrontar conceptos complexos de maneira consciente pero tamén aflorar preguntas ou ideas que nos rondan, que están sen concretar.
Podemos ver aquí traballos de distintas idades sobre o ser humano e tamén sobre o canon estético e a súa relación con distintos momentos históricos/contextos sociais. 
 Ines
 Carlota
Dani
  

Lucia 

Iria

 O colaxe permítenos xogar con elementos preexistentes (imaxes, tipografías, ...)  partes importantes e necesarias nun todo coherente, que ao rematar é mais que a suma das partes. 





  Carlota
 Paula
 Tania

Lembrarvos que seguiremos en Xullo, empregando esta ferramenta que son artes plásticas como maneira de expresión, coñecemento (auto-coñecemento) e diversión no obradoiro Verán é Arte (para peques pola mañá e para adultos a tarde dos xoves) . Reserva a túa praza escribindo a polotallerdepolo@gmail.com

 


venres, 18 de maio de 2018

supermaio! ... de sereshumanos, 2018


Maio ven cargado de seres humanos, complexos e variados...
Con Paula coñecemos Voo, a obra en proceso, de Ánxela Blanco, na Fundación Luis Seoane: xeneroso compartir o proceso creativo da súa peza con debuxantes da cidade que nos achegamos a desfrutar do Voo e traballar duro nunha sesión intensa e fermosa, enmarcados nunha residencia paraíso, colectivo rpm .


  
  
Recibimos no taller a visita de Antonio, que nos introduciu nas novas masculinidades a partir do libro The descent of man, do artista Greyson Perry, único ceramista galardoado co Premio Turner. Quedamos con dúas mensaxes importantes, que hai varias formas de ser home e o manifesto que nos deixa Greyson Perry, os dereitos dos homes:
-dereito a ser vulnerable
-dereito a ser débil
-dereito a cometer erros
-dereito a ser intuitivo
-dereito a non saber
-dereito a dubidar
-dereito a ser flexible
-dereito a non ter vergoña do anterior.

  
Tamén tivemos a visita de Mar Castro, que traballa como modelo profesional para artistas, escolas de arte, ...  e veu posar un anaco para nós. Estudar un pouco de anatomía humana, parar e observar atentamente as proporcións, o movemento do corpo,...  
Mar Castro :  maaremagnum@gmail.com 







 e aínda queda maio por diante, que seguro nos depara mais sorpresas e humanos por coñecer ... 





xoves, 3 de maio de 2018

Retrato de Maruxa, “As mans da terra”


O retrato parte da mirada, pero como vimos na clase (debuxamos a partir do tacto, cos ollos tapados e podedes ver os resultados na foto, abaixodetodo) a mirada non está só nos ollos... partindo deste lugar imos facer o retrato de Maruxa , unha muller labrega (como moitas que temos coñecido) ás que lles tocou vivir unha dura época. A experiencia ven da man de Laura Rey Pasandín , que nos lee un anaco do seu libro “As mans da terra” , para que nos sirva de modelo, de inspiración... marabilloso momento para nós escoitar a voz dunha muller escritora, que nos conta sobre unha muller labrega e loitadora, que nos fala da memoria, do pasado, das costumes, das vidas... 
 https://nebedaclubelectura.wordpress.com/2018/04/19/laura-rey-pasandin-e-as-mans-da-terra/
 https://www.todostuslibros.com/autor/laura-rey-pasandin

  
 gracias Laura Rey  por compartir con nós a tarde e a túa voz... 

 
Mirade que retratos fixemos de Maruxa (sen vela, claro)



arriba Laura e abaixo Luisa, fixadevos no mandil de cadros de Maruxa



Lola ,pinta unha Maruxa mais abstracta ;)


Xoel, fixadevos como representa o pano na cabeza



Iria, pon un sorriso invertido, unha Maruxa dunha época dura


Angel, ponlle un mandilon, vedes? vedes outra cousa curiosa nesta Maruxa?





Maruxa faise presente entre nós na primavera, na horta que o amable veciño, nos ten sachada e lista pra encher de cor e vida 
#vecinosamables






debuxando cos ollos tapados, tamén podemos ver! :  o parecido entre os obxectos e os debuxos é moi moito!





Nestes momentos temos varixs marabillosas fotografxs ao redor do tallerdepolo, Iria é unha delas, ofrécenos momentos como iste... que a min se me escapan :) 
@iriaele   Iria Ele




luns, 30 de abril de 2018

presentando xs compañeirxs !


Vouvos presentar un grupiño de persoas ben bo!



 
Traballamos o retrato a partir de distintos exemplos ( miramos dende Piero de la Francesca, Leonardo, Matisse e a señora coa raia verde, Alice Neel e os seus retratos da xente do barrio de Harlem, Basquiat irreverente, Velázquez, Artemisia Gentileschi, Bárbara Longhi, Mary Cassat, Julian Opie, L. Freud, ... ) maneiras varias de afrontar a pintura cada autora/autor dende a súa época e estilo. Nos colocamos enfronte, por parellas ou en grupos, para observar, coñecernos un pouco mais e retratar á nosa/noso compi de pintura.


 Ulises,dende a mirada de Angel  e
Angel , dende a mirada de ULises




 Laura,dende a mirada de Iria e 
Iria dende a mirada de Laura

 Antón, dende a mirada de Xoel e, 
 Xoel visto por Lola


 

  Lola, dende a mirada de Martín e
 Martín dende a mirada de Sandra



 Polo dende a mirada de Antón e
 Antón dende a mirada de Polo


Carlota, dende a mirada de Paula e
Paula, dende a mirada de Carlota


Tes datos abondo pra coñecernos ben: ou polo noso retrato ou pola maneira que temos de mirar ao outrx ... ;)






venres, 27 de outubro de 2017

Sonia Delaunay no barrio de Os Castros


O museo Thyssen acaba de adicar unha exposición a Sonia Delaunay titulada Arte, Deseño e Moda. Nós estamos este trimestre explorando as distintas canles e linguaxes da arte polo que esa aproximación ao deseño e a moda veunos da man desta artista polifacética.

Como veredes achegámonos de distintas maneiras segundo a personalidade e gustos de cada un/unha, houbo reflexións sobre o feito de vestirse, a arte e a vestimenta, ... e mellor o vedes en imaxes ;) 





Paula deseña roupa (con papel) para a boneca, engade “porque le gusta vestirse” “de su imaginación” prepara o escenario e toma a sua fotografía




Tania deseña roupa para a boneca, engade “porque así me siento guapa” “lo diseñé yoprepara o escenario e toma a sua fotografía

Dani emprega o carboncillo e cores para o seu deseño


 
Xoel imaxina un personaxe pensando que pode poñerse 
 


Cloe enche de cores o seu deseño 
 

 Anton propon o xogo e o disfraz

 Carlota fai a sua proposta revisando os pudores

 Inés crea o seu desenho con collage