Amosando publicacións coa etiqueta asmansdaterra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta asmansdaterra. Amosar todas as publicacións

domingo, 6 de outubro de 2019

Nas Encrobas


Un orgullo comezar o outono presentando o fanzine “aS eNCRoBaS” con poesía, música, memorias e lembranzas do pasado, arenga de loita por un futuro de aire-auga-terra limpas, na compaña de moitas persoas sensibles e loitadoras na III Marcha pola Memoria en As Encrobas. Unha xornada Emotiva sen dúbida; coa enerxía da choiva que nos leva á Galicia mais profunda, a que moitas levamos na memoria rural. Gran esforzo e traballo realizado pola organización da Marcha neste evento que combina cultura, arte, diversión, reivindicación e loita. Todo isto feito con moitas ganas e gran honestidade xerando un dia cheo de vida e enerxía dende a unión da historia pasada coa loita polo futuro sostible. Agradecer á organización o convite , agradecer a Laura Rey Pasandin que me amadriña con moita tenrura e a todas as persoas asistentes tan boa vontade, humor e tanta arte.





 
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/iii-marcha-pola-memoria-das-encrobas-xunta-mais-200-persoas/20191002115019084630.html

https://www.facebook.com/events/1139196256272604/
 
  "Participamos 16 persoas na elaboración do fanzine e contando coa poesía de Laura RP, traballando de maneira non intensiva (combinada con outros exercicios e experiencias) ao longo de cinco meses aprox.
Partimos de material documental como:
--- A ceo aberto, o documental de Xosé Bocixa que visionamos en tandas de 10 minutos por dia.
----As imaxes do fotoxornalista Xose Castro
----O blog de Maria das Encrobas
----Asunción de ti, libro familiar de Xosé Luis Linares Barbeito e Mercedes López Otero
-----Poesías de Emma Pereira (As comadres´Nghrobas) e de Laura RP
---- E tamén vimos o vídeo promovido pola Industria mineira para divulgar nos colexios públicos galegos.

O proceso creativo vai partir da información que imos recibindo e absorbendo de a poucos, do diálogo e reflexión sobre o que nos vai chegando, das emocións coas que conectemos e identifiquemos para podelas compartir durante o proceso e, tamén poder usalas para crear.
Coas persoas maiores análise do documental e análise do resto de material para identificar con que aspectos temos maior empatía ou puntos de interese. Para elixir así o tema da nosa ilustración e pasar ao concreto.

Para min foi un traballo complexo, moi intenso e cheo de ilusión. Ás veces, duro fronte á incerteza do proceso creativo e as diferencias xeracionais que constatan o descoñecemento e distancia da mocidade participante co rural galego, coa lingua e coa historia próxima. Pero a potencia desta ferramenta (as artes) para traballar temas complexos fíxose evidente e clara.
A creación deste fanzine ten varios puntos de acción:
----o traballo de concienciación e análise coas persoas participantes dende unha actividade creativa.
----ese vinculo entre a aprendizaxe de técnicas gráfico-plásticas e pensamento ofrecendo un lecer/ unha actividade enmarcada na educación non formal de calidade- enriquecedora.
---- a xeración de contidos gráficos para usar nas loitas contra o extractivismo e outras loitas.
-----a xeración dunha obra que se move de man en man e conta a través de imaxes e dende idades e persoas distintas a loita das Encrobas: facendo posible unha conexión (a través da arte plástica e poesía) con calquera persoa do mundo. E con outras loitas planetarias similares.
-----un proceso creativo exportable e recomendable para educadorxs, activistas e grupos de persoas inquietas.

Hai moito traballo por facer se queremos outro mundo posible, empezando por sonhar que queremos realmente. De eses sonhos sairán os caminhos e pasinhos para ir amodo. Mirando cara adiante a longo prazo nunha loita sen fin e sen fronteiras, que continuar’a con esta mocidade e a sua descendencia... o futuro somos nós e o que imos facendo día a día."
                                                                                                                          Fotografia de Yoshimura Eye

martes, 2 de xullo de 2019

As Encrobas, fanzine


Pois si, este curso pasado traballamos en varios proxectos co grupo de peques, de venres e sábado . O primeiro foi a nosa participación no certame de debuxo da natureza do grupo naturalista Hábitat, debuxamos animais e vexetais da contorna do embalse de Cecebre, coñecemos un pouco a natureza que nos rodea e adicamos tempo ao debuxo e a observación. Dúas alumnas foron premiadas polos seus debuxos: felices como perdices por participar e, sobre todo, polos aprendizaxes no camiño. Amadriñamos un mail artista (Neighborhood mail art project) e, a ultima aventura, en maio e xuño foi “mergullarse nun cadro” eliximos “Os xogadores de naipes” de Theodoor Rombouts e fómolo coñecendo de a poucos, xogando co cadro ata ir a visitalo todxs xuntas ao museo de Belas Artes da Coruña (onde se atopa cedido temporalmente polo Museo do Prado).

  as nosas mans listas pro traballo

O proxecto máis intenso foi a partir de Xaneiro; embarcamos na aventura de coñecer a historia de As Encrobas coa idea de ilustrala nun proceso creativo colaborativo de varios meses de traballo que finalmente da como resultado o fanzine “aS eNCRoBaS” que vos invitamos a coñecer e compartir con nós. Empregamos a linguaxe plástica, que é a nosa ferramenta de traballo e aprendizaxes, unha linguaxe universal que seguro vos transmite as nosas sensacións e ideas durante esta aventura; activará o voso interese por coñecer máis de esta historia e das actuais loitas pola conservación dos hábitats naturais.  Temos que agradecer a colaboración da escritora Laura Rey Pasandín que nos acompañou no proceso e nos prestou uns fermosos poemas para complementar as imaxes do fanzine.  

 Portada do fancine aS eNCRoBaS, 
debuxo de Tania
  
Para enmarcar este proxecto compartímosvos un anaco da entrevista a Xosé Castro, fotógrafo da revolta das Encrobas, feita por R. Castro e publicada o 18 de Febreiro 2017, en Sermos Galiza. 
 
- Cre que as novas xeracións teñen conciencia da importancia que tivo aquela loita?
- Creo que non teñen conciencia ningunha. Ese é o problema gordo. Parece que todo o que se fixo atrás hoxe non vale. Pero grazas a aqueles tempos e a esa xente, que puxo por diante a loita, os de agora teñen o que teñen. Ás veces para ben e ás veces para mal, pero vaia. A vida é así, tirar sempre para adiante. Pero o das Encrobas marcou o sentido de ser galegos.
- Que lle di aos seus netos -se os ten- sobre aquela época?
- Xa teño bisnetos. Eu explícolle todo aquilo, das mulleres principalmente. As mulleres tiveron alí toda a iniciativa. O plantexamento foi delas, elas puxéronse diante e foron as que loitaron por aquelas terras. Estaban apoiadas, é certo, por homes, maridos e fillos que había alí. Pero a loita principal foi das mulleres



 
Empregamos xogos, xogos de equipo e representamos parte da historia



Vemos xuntas e confrontamos documentais como As Encrobas, a ceo aberto co material didáctico da campaña minería sostible promovido pola Cámara Oficial Mineira de Galicia




 Traballamos coas emocións e coa arte
Tamén traballamos coas ideas, coa palabra e o diálogo







Empregamos e experimentamos con distintas técnicas, para aprender e sorprendernos no proceso; tinta, monotipo, colaxe...




E a sorpresa de que chegue Noa tan contenta porque na súa Escola levaron prensa e ela coñecía ben unha das noticias; a maxia de entender, saber.. ! 

 
Participantes no fanzine aS eNCRoBaS

peques:
Diego, Catu, Luísa Sanchez, Laura Rodríguez, Tairon, Dipper, Noa, Tania, Brais Loost e Paula 

menospeques:
Carlota Ramudo, Natalia, Sandra e Sonsoles Mosteiro

Agradecervos sempre a vosa confianza e complicidade nestas aventuras conxuntas, queridxs habitantes do tallerdepolo.

Ilustración Paula, fragmento de poema de Laura Rey Pasandín

Se queredes estar ao día das actuais loitas en Galicia
http://www.contraminaccion.org/ 


domingo, 9 de decembro de 2018

Taller Aberto 2018, Neighborhood international mail art project


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo ofrecemos un obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. 

Foi un día intenso e fermoso, gracias por acompañarnos :) 






 
MAIL ART PEDAGÓXICA

Estes meses estivemos recibindo fermosas achegas de artistas de diferentes lugares do planeta que, da maneira mais xenerosa, nos adicaron o seu tempo e a súa arte, ademais de enviárnola fisicamente (en plena era dixital). O alumnado e amigas/os do tallerdepolo puidemos desfrutar desta variedade artística, cultural, lingüística, de barrios e intereses que ampliaron a nosa mirada. Facemos así que a Arte sexa un mecanismo de aprendizaxe, de xogo e interacción: unha Arte mais alá do mercado, xenerosa e divertida ao tempo que crítica e reflexiva.
Situar no mapa mundial cada achega, ir recoñecendo os territorios e asocialos a ese/a artista e as súas imaxes; tamén lidar con linguas que nos son alleas, os nomes/sonoridades que non identificamos, buscando flexibilizar as nosas mentes fronte á grande diversidade que conforma a Humanidade. 







  
Amadriñar mailartistas
Imos empregar a linguaxe plástica como maneira de comunicación e diálogo, mais alá da lingua: amadriñar un/unha mail-artista. Parte do alumnado do tallerdepolo elixe unha obra á que vai responder con unha nova peza de arte postal, que se relacione, de algunha maneira, coa proposta elixida; pode ser a técnica, o enfoque ideolóxico, o formato, unha reacción, etc.
Esta conversa permítenos imaxinar e achegarnos a unha persoa que non coñecemos, que vive nun barrio lonxe, con outra lingua e costumes pero que conecta con nós en algo aínda por explorar. Coñecer e analizar a variedade de técnicas que recibimos en cada carta, as múltiples visións sobre o tema proposto e tanta creatividade recibida ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal. Ábrenos a posibilidade de ser libres para facer e experimentar e o imaxinario tan diferente ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal; reflexionemos agora sobre a nosa idea de barrio.


Agradecer as fotografías de Sucede arte visual , que documentou parte da xornada ;)
 https://www.facebook.com/sucedeartevisual/
















Mail art exhibition in the neighborhood of Os Castros
On December 1, Mail Art Exhibition with the works received in the Neighborhood call, we will also offer a free workshop and a fun game of clues in the neighborhood of Os Castros.

With the objective of keeping alive an open art space for the neighborhood this December we will celebrate our fourth Taller Aberto 2018, Open Workshop. This year it will consist of a mail art exhibition with the works received over the last months in the Neighborhood International mail art project, with the collaboration of the artist Carlos Botana. The exhibition will show the works received until December, as well as, information about the project in relation to tallerdepolo’ students and the neighborhood. A project that links the neighborhood with art, with different artistic languages, with pedagogy, with other neighborhoods in the world, other languages and cultures.
We will also offer a postal art workshop that will start at five o'clock in the afternoon, and from the sixth we will go out to a fun game type gymkhana, to look for clues through the neighborhood (some will have a prize!).
The exhibition will be divided into two places: the workshop and the O’ Toxo" bocateria, which will provide a circuit in the neighborhood where the tracks were located. Throughout the day you can visit the exhibition from 12:00 a.m. to 9:00 pm, approximate.
 

xoves, 3 de maio de 2018

Retrato de Maruxa, “As mans da terra”


O retrato parte da mirada, pero como vimos na clase (debuxamos a partir do tacto, cos ollos tapados e podedes ver os resultados na foto, abaixodetodo) a mirada non está só nos ollos... partindo deste lugar imos facer o retrato de Maruxa , unha muller labrega (como moitas que temos coñecido) ás que lles tocou vivir unha dura época. A experiencia ven da man de Laura Rey Pasandín , que nos lee un anaco do seu libro “As mans da terra” , para que nos sirva de modelo, de inspiración... marabilloso momento para nós escoitar a voz dunha muller escritora, que nos conta sobre unha muller labrega e loitadora, que nos fala da memoria, do pasado, das costumes, das vidas... 
 https://nebedaclubelectura.wordpress.com/2018/04/19/laura-rey-pasandin-e-as-mans-da-terra/
 https://www.todostuslibros.com/autor/laura-rey-pasandin

  
 gracias Laura Rey  por compartir con nós a tarde e a túa voz... 

 
Mirade que retratos fixemos de Maruxa (sen vela, claro)



arriba Laura e abaixo Luisa, fixadevos no mandil de cadros de Maruxa



Lola ,pinta unha Maruxa mais abstracta ;)


Xoel, fixadevos como representa o pano na cabeza



Iria, pon un sorriso invertido, unha Maruxa dunha época dura


Angel, ponlle un mandilon, vedes? vedes outra cousa curiosa nesta Maruxa?





Maruxa faise presente entre nós na primavera, na horta que o amable veciño, nos ten sachada e lista pra encher de cor e vida 
#vecinosamables






debuxando cos ollos tapados, tamén podemos ver! :  o parecido entre os obxectos e os debuxos é moi moito!





Nestes momentos temos varixs marabillosas fotografxs ao redor do tallerdepolo, Iria é unha delas, ofrécenos momentos como iste... que a min se me escapan :) 
@iriaele   Iria Ele