Amosando publicacións coa etiqueta artepostal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artepostal. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de outubro de 2022

Laboratorio Creativo OUTUBRO

O laboratorio é un espazo que facilita procesos creativos individuais sendo acompañadas e reforzadas polo grupo, acompañándovos eu a través dun obradoiro mensual no que exploraremos teoría, e práctica artística e miraremos tamén un pouco para dentro de nós e saber que temos que activar para dar os seguintes pasos. 

O grupo de laboratorio confórmase de máximo seis mulleres que coincidimos unha tarde ao mes, suele ser un sábado. O obradoiro dura un mínimo de tres horas pero se suele alargar bastante máis.  Ademais conta con unha titoría individual cada trimestre. 

Xa empezamos este Outubro a darlle forma a un grupo de traballo, queda unha praza dispoñible para que te animes a empezar con nós.  É unha experiencia moi bonita que nos da moita forza para crear, e non é preciso que fixeras antes algo de pintura ou debuxo. 










 

 



 

 

venres, 4 de decembro de 2020

"Yo soy Sofonisba y quiero una calle..." mail art

A pasada semana tocou un obradoiro en nocturnia, o programa do concello de A Coruña que propón á mocidade da cidade actividades e talleres de ocio saúdable. Nesta ocasion fixemos mail art, arte postal. Cada participante fixo a súa tarxeta postal coa que respondemos a unha convocatoria en marcha, neste caso “Yo soy Sofonisba y quiero una calle en San Lorenzo de El Escorial”, convocatoria da artista Dora Román. Foi unha oportunidade de coñecer a Sofonisba Anguissola, a sua interesante obra e vida e poñer en valor ás mulleres pintoras invisibilizadas ao longo da historia. Moita creatividade abrollou esa tarde e saíron potentes traballos que están de camiño a San Lorenzo de El Escorial. Mocidade marabillosa e activa que se achegou a dar contido de calidade ao seu tempo.

Cumprimos obxectivos ao achegar á mocidade unha arte que permite a liberdade de fluír e crear sen xuízos reflexionando sobre unha temática proposta e divertindose a través da plástica. Coñecer outras formas de arte e comunicación, facer un envío e comunicarse por correo postal con outros territorios,  ampliar a nosa mirada sobre o mundo. Participar na reivindicación, de maneira creativa, para reclamar o nome das rúas das cidade para as mulleres pintoras e artistas, coñecer a figura de Sofonisba Anguissola.











mércores, 24 de abril de 2019

Obradoiro de mail art para nocturnia


O pasado 5 de abril realizamos un obradoiro de mail art para nocturnia, o programa de ocio nocturno alternativo do Concello da Coruna, para persoas mozas de 12 a 30 anos. A proposta do tallerdepolo consistiu en coñecer e achegarse a arte postal e para iso nada mellor que participar nunha convocatoria en marcha. Aproveitamos todo o material que temos recibido a propósito da nosa chamada de mail art Neighborhood 2018, feita en compañía do mail-artista Carlos Botana, para ver e tocar de maneira directa toda esa variedade de linguaxes, propostas, artistas, linguas ... e complicidades que se moven vía correo postal, unha boa maneira de ir entrando no tema.
Elixín a convocatoria “Estoy aca para vos” porque me pareceu moi apropiada e estimulante para traballar coa mocidade, e realmente non necesitaron mais motivación... traballaron moi creativxs e concentradxs todo o tempo que tiñamos, unha marabilla. Obxectivos conseguidos: 

-achegar as persoas participantes ao mundo das artes plásticas e da arte postal divertíndose e creando a sua peza para enviar
-conecer outras formas de arte e comunicación
-facer un envío e comunicarse por correo postal con persoas de outros territorios, ampliando a nosa mirada sobre o mundo

Gracinhas as mozas e mozos asistentes por compartir un ratinho de noite co tallerdepolo ( gracias Carlota por ser un sol e unha galaxia)  e pola curiosidade e creatividade despregadas ;) 













  


 












As nosas cartas están en camiño , atentxs ao facebook de "Estoy aca para vos" para cando cheguen a destino, ademais van estar expostas en varios lugares ... 





 https://www.instagram.com/carlotamendez.fotografia/


Lembra que o 10 de maio repetimos obradoiro gratuíto en nocturnia: "creando con colaxe"


domingo, 9 de decembro de 2018

Taller Aberto II, Neighborhood mostra de arte postal


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo desfrutamos dun obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. E contamos tamén co aporte da marabillosa Carlota Ramudo para documentar a expo coas súas fotografías.

https://carlotaramudo.wordpress.com/




  

Por que o barrio? Neighborhood International mail art project
 
O tallerdepolo se enmarca en Os Castros, un barrio periférico que é entrada e saída da cidade, con un urbanismo pouco sensible ao vínculo da poboación coa rica contorna; o mar próximo, moitas leiras e espazos verdes aínda sen edificar e abundantes costas e obstáculos para unha poboación avellentada e, en moitos casos, solitaria. O barrio é o núcleo da vida diaria da maioría da poboación, é tanxible: cos seus Centros de Educación, Centro de Saúde, oficinas, pequenos negocios e hostalería onde convivimos día tras día con problemáticas, celebracións e conflitos que seguro se repiten en cada barrio do mundo ... mais alá do territorio nacional o “territorio barrio” pódenos unir, axudar a coñecernos e promover solucións a problemas importantes. A construción do barrio depende en gran medida do facer dos habitantes, do noso actuar cada día. O tallerdepolo é un espazo de arte no barrio, un espazo de cultura onde o alumnado se pon en relación coa contorna, a través de saídas, relación coa veciñanza, obradoiros na rúa (como o 17 de Maio celebrando as letras galegas cun obradoiro de arte postal e un obradoiro ofrecido por TocaMadera artesanía) e, por cuarto ano facemos o Taller Aberto onde as portas se abren para poñer en relación arte/ barrio/ cultura/ diversión/ transito de persoas inquietas/ ... poñer a periferia no centro.

















Gracias por acompañarnos nun Taller Aberto mais, polo apoio e cariño recibidos. Agradecer a todas as persoas participantes no proxecto de arte postal Neighborhood   :) 

vémonos no barrio!





Taller Aberto 2018, Neighborhood international mail art project


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo ofrecemos un obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. 

Foi un día intenso e fermoso, gracias por acompañarnos :) 






 
MAIL ART PEDAGÓXICA

Estes meses estivemos recibindo fermosas achegas de artistas de diferentes lugares do planeta que, da maneira mais xenerosa, nos adicaron o seu tempo e a súa arte, ademais de enviárnola fisicamente (en plena era dixital). O alumnado e amigas/os do tallerdepolo puidemos desfrutar desta variedade artística, cultural, lingüística, de barrios e intereses que ampliaron a nosa mirada. Facemos así que a Arte sexa un mecanismo de aprendizaxe, de xogo e interacción: unha Arte mais alá do mercado, xenerosa e divertida ao tempo que crítica e reflexiva.
Situar no mapa mundial cada achega, ir recoñecendo os territorios e asocialos a ese/a artista e as súas imaxes; tamén lidar con linguas que nos son alleas, os nomes/sonoridades que non identificamos, buscando flexibilizar as nosas mentes fronte á grande diversidade que conforma a Humanidade. 







  
Amadriñar mailartistas
Imos empregar a linguaxe plástica como maneira de comunicación e diálogo, mais alá da lingua: amadriñar un/unha mail-artista. Parte do alumnado do tallerdepolo elixe unha obra á que vai responder con unha nova peza de arte postal, que se relacione, de algunha maneira, coa proposta elixida; pode ser a técnica, o enfoque ideolóxico, o formato, unha reacción, etc.
Esta conversa permítenos imaxinar e achegarnos a unha persoa que non coñecemos, que vive nun barrio lonxe, con outra lingua e costumes pero que conecta con nós en algo aínda por explorar. Coñecer e analizar a variedade de técnicas que recibimos en cada carta, as múltiples visións sobre o tema proposto e tanta creatividade recibida ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal. Ábrenos a posibilidade de ser libres para facer e experimentar e o imaxinario tan diferente ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal; reflexionemos agora sobre a nosa idea de barrio.


Agradecer as fotografías de Sucede arte visual , que documentou parte da xornada ;)
 https://www.facebook.com/sucedeartevisual/
















Mail art exhibition in the neighborhood of Os Castros
On December 1, Mail Art Exhibition with the works received in the Neighborhood call, we will also offer a free workshop and a fun game of clues in the neighborhood of Os Castros.

With the objective of keeping alive an open art space for the neighborhood this December we will celebrate our fourth Taller Aberto 2018, Open Workshop. This year it will consist of a mail art exhibition with the works received over the last months in the Neighborhood International mail art project, with the collaboration of the artist Carlos Botana. The exhibition will show the works received until December, as well as, information about the project in relation to tallerdepolo’ students and the neighborhood. A project that links the neighborhood with art, with different artistic languages, with pedagogy, with other neighborhoods in the world, other languages and cultures.
We will also offer a postal art workshop that will start at five o'clock in the afternoon, and from the sixth we will go out to a fun game type gymkhana, to look for clues through the neighborhood (some will have a prize!).
The exhibition will be divided into two places: the workshop and the O’ Toxo" bocateria, which will provide a circuit in the neighborhood where the tracks were located. Throughout the day you can visit the exhibition from 12:00 a.m. to 9:00 pm, approximate.