Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de outubro de 2022

Laboratorio Creativo OUTUBRO

O laboratorio é un espazo que facilita procesos creativos individuais sendo acompañadas e reforzadas polo grupo, acompañándovos eu a través dun obradoiro mensual no que exploraremos teoría, e práctica artística e miraremos tamén un pouco para dentro de nós e saber que temos que activar para dar os seguintes pasos. 

O grupo de laboratorio confórmase de máximo seis mulleres que coincidimos unha tarde ao mes, suele ser un sábado. O obradoiro dura un mínimo de tres horas pero se suele alargar bastante máis.  Ademais conta con unha titoría individual cada trimestre. 

Xa empezamos este Outubro a darlle forma a un grupo de traballo, queda unha praza dispoñible para que te animes a empezar con nós.  É unha experiencia moi bonita que nos da moita forza para crear, e non é preciso que fixeras antes algo de pintura ou debuxo. 










 

 



 

 

sábado, 23 de maio de 2020

proceso creativo de barrio, a pílula roxa

Algunhas de vós xa coñecestes o Ponllearte 2019, foi unha experiencia marabillosa. Este ano queremos repetir experiencia porque pensamos, tanto Son Mosteiro (Ocupacións significativas) coma min, que é perfecto para o momento actual; para aportar dende a creatividade e as artes, rexenerando o tecido comercial do barrio, poñendo en relación, de maneira positiva, veciñanza de distintas idades e diversidades, expresando e reflexionando sobre o acontecido e o que esta por vir.

Queremos ofrecervos para este verán: Ponllearte! 2020; un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para dar visibilidade ao tecido de negocios locais que enriquecen o día a día do barrio. Facelo a través da arte e a creatividade poñendo en contacto a un grupo de mozas e mozos con este tecido comercial, con persoas maiores e veciñanza en xeral. Colabora e participa para levar adiante esta conexión ilusionante!

Un equipo de mozas e mozos sacará adiante un fanzine -que exprese o barrio, o momento actual e como encarar o futuro, isto en conexión con diferentes axentes da cidade. Participa con nós neste proceso creativo, facendo comunidade, tecendo rede e soñando futuros dende Os Castros.



A mocidade non só é o futuro, é o presente, temos a responsabilidade de ofrecerlle alimento saudable, de xerar estimulo e ilusión para que sigan medrando e soñando dende a exploración e coñecemento da realidade que nos toca vivir.

Espalla esta mensaxe, axúdanos difundindo o proxecto nas túas redes e ilo construíndo amodo e sólido; un aporte para facer barrio entre todas!

Se tes unha idea, queres colaborar ou participar escribe a ponllearte@gmail.com

Esperámoste! Séguenos en: 

Ponllerarte.blogspot.com

@ponllearte  instagram e Facebook

#ponllearte


Imaxes da edición piloto 2019, na que contamos coa colaboración de Bichocleta, Tienda Mab e By Carmina de Os Castros e cun pequeno gran grupo de artistas, súper motivadxs e con moitas ganas de traballar e crear. Aventura chea de maxia, intensidade e aprendizaxes. 

Tamén agradecer o aporte da nosa fotografa favorita Carlota Ramudo Mendez fotografía.








tps://www.facebook.com/ocupacions.significativas/

https://es-es.facebook.com/somososcastros/

http://www.tiendamab.com/

https://www.facebook.com/Bichocleta/


https://es-es.facebook.com/carlota.mendez.353




domingo, 3 de febreiro de 2019

O camiño e a aventura en marcha son o importante


Os venres e sábados somos pintoras e pintores serios, pero non sempre ;) despois de xornadas concentradxs na pintura, atentas ás cores, ás formas, ás pinceladas... o inverno pídenos un pouco de experimentación!! combinamos o “traballo duro” con experimentos onde o resultado é o de menos: o camiño e a aventura en marcha son o importante. No último pintamos dende o aire, e co aire tamén.
Pero tamén nos gusta saír do taller na busca de outros contextos e experiencias, como saír a coñecer a fotografía de Graciela Iturbide ou achegarnos a debuxar na Hobbycon de inverno!

Visitando e debuxando na Hobbycon, eu tamén debuxo claro ;)


Visita a exposición de Graciela Iturbide



 experimentando co vento e pintando no aire


 Formais e traballadores xs artistas do venres son un exemplo a seguir! :))))

 Catu
 Diego
 Luisa
 Laura

Angel 

 Martin
 Noa
 Xoel



domingo, 9 de decembro de 2018

Taller Aberto II, Neighborhood mostra de arte postal


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo desfrutamos dun obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. E contamos tamén co aporte da marabillosa Carlota Ramudo para documentar a expo coas súas fotografías.

https://carlotaramudo.wordpress.com/




  

Por que o barrio? Neighborhood International mail art project
 
O tallerdepolo se enmarca en Os Castros, un barrio periférico que é entrada e saída da cidade, con un urbanismo pouco sensible ao vínculo da poboación coa rica contorna; o mar próximo, moitas leiras e espazos verdes aínda sen edificar e abundantes costas e obstáculos para unha poboación avellentada e, en moitos casos, solitaria. O barrio é o núcleo da vida diaria da maioría da poboación, é tanxible: cos seus Centros de Educación, Centro de Saúde, oficinas, pequenos negocios e hostalería onde convivimos día tras día con problemáticas, celebracións e conflitos que seguro se repiten en cada barrio do mundo ... mais alá do territorio nacional o “territorio barrio” pódenos unir, axudar a coñecernos e promover solucións a problemas importantes. A construción do barrio depende en gran medida do facer dos habitantes, do noso actuar cada día. O tallerdepolo é un espazo de arte no barrio, un espazo de cultura onde o alumnado se pon en relación coa contorna, a través de saídas, relación coa veciñanza, obradoiros na rúa (como o 17 de Maio celebrando as letras galegas cun obradoiro de arte postal e un obradoiro ofrecido por TocaMadera artesanía) e, por cuarto ano facemos o Taller Aberto onde as portas se abren para poñer en relación arte/ barrio/ cultura/ diversión/ transito de persoas inquietas/ ... poñer a periferia no centro.

















Gracias por acompañarnos nun Taller Aberto mais, polo apoio e cariño recibidos. Agradecer a todas as persoas participantes no proxecto de arte postal Neighborhood   :) 

vémonos no barrio!





sábado, 26 de maio de 2018

fotografía estenopeica , con @nomadphoto


O pasado venres recibimos a visita do artista-fotógrafo Oscar Górriz , que nos ensinou como funciona unha cámara estenopeica, para ledicia de todxs nós : maxiaaa!!! A maxia maior foi "posar" dous minutos completamente quietiños para a foto :)
Aínda que tirei unha ducia de fotos durante o obradoiro, a “maxia da tecnoloxía” fixo que nalgún momento se perderan os arquivos ... viva a fotografía estenopeica: só quedaron estas imaxes tomadas polo alumnado :) e as fotos subidas ao Instagram ;)

foto rescatada do Instagram  ;)
 





Foi unha xornada chea de maxia! gracias Óscar polo obradoiro e a túa compaña 

 

Pero si teño algunha foto de como vai indo a horta ! parada esta semana pola choiva, en canto salga o sol plantaremos algo mais ...