Ven facer a túa peza do Mosaico da Memoria en Miño. Consulta as prazas e información xeral no teléfono do cartel.
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo o Concello de Miño aposta por unha actividade artística que pon en valor a historia das nosas mulleres referentes: avoas, nais, tías, mestras, amigas, etc.
Os obradoiros levaranse a cabo o venres seis de marzo no Centro Social de Callobre e no Centro Social de Ponte do Porco poñendo especial énfase en dar voz e visibilidade á muller labrega e á muller do rural. Con esta actividade que implica á veciñanza das parroquias e do concello compartimos a historia das nosas nais, avoas e tantas mulleres invisibles.
O 8 de marzo exposición do Mosaico no Centro Social da Rúa, falaremos da experiencia e emocionarémonos xuntas.
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario