Amosando publicacións coa etiqueta laboratoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratoria. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de agosto de 2026

Atención ao novo curso 2026-2027!

 Queridos artistas do tallerdepolo volvemos a coller o pincel e o lápis a partir do 15 de setembro, estás preparadx?

Esta é a proposta de horarios para o vindeiro curso, necesitamos acadar un mínimo de participantes para facelas efectivas pero algúns dos grupos xa están case cheos, ollo. 

 Escribe ou chama ao 617 293 024 ou no email polotallerdepolo@gmail.com para reservar a túa praza. 


MARTES

de 17:00 a 18;30 horas temos DEBUXO MANGA para nenxs de oito a doce anos de idade.  Con Patricia Saavedra ambos grupos do Martes. 

MARTES 

de sete da tarde a nove MODELANDO IDEAS con arxila de secado ao aire, adultos.

 MÉRCORES

de 11:00 a 13:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.  

 MÉRCORES

de 17:00 a 19:00 horas propoño unha viaxe polo debuxo e todo o que nos ofrece a súa práctica + QUE UN CURSO DE DEBUXO, unha viaxe polo debuxo máis clásico, o debuxo como posibilidade narrativa e disruptiva. Este curso inclúe a materialización das aprendizaxes mediante a Fanzinería, un espazo para concretar o aprendido e compartilo co resto do mundo mundial. 

de 19:00 a 20:00 horas Fanzinería! un pequeno espazo para acompañar e facilitar a creación individual ou en grupo de fanzines. Incluída no curso de debuxo +QUE UN CURSO DE DEBUXO, podes vir só á fanzinería (1 hora á semana =40€/mes) .  

XOVES 

 de 16:00 a 18:00 horas  Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.

 de 18:00 a 20:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.

 VENRES 

 de cinco a seis e media Peque Artistas con Julia Aguiar, a partir de cinco anos de idade. 

SÁBADO 

Laboratoria, un espazo de creación só para mulleres. Unha vez ao mes atopámonos de maneira presencial para compartir os nosos procesos de creación. Inclúe mentoría mensual individual. De outubro a xuño. En setembro empezamos a vernos e imos deseñando a ruta . 

 

 Vémonos no tallerdepolo para compartir xuntxs o que nos gusta: as artes, a cultura, a convivencia en paz e a ilusión por unha vida chea de beleza. Vémonos pronto!

 

 

 

 

sábado, 23 de maio de 2026

MOSTRA DE LABORATORIA 2026

O sábado 13 de xuño, ás sete da tarde, inauguramos a última exposición de Laboratoria; un grupo de creadoras que compartimos procesos de creación individuais e colectivos acompañándonos unhas as outras mentres xeramos un espazo seguro e libre. Aberta ata o día 27 de Xuño. 

 


 Obras e procesos de creación de Barbeito, Lore, Polo, Roma Pernas, Salicornia, Sira Lorenzo, Vann e Violeta González Otero. 





A sala de exposicións Estudio de María José Barbeito acolle esta mostra de arte multidisciplinar con obra fotográfica, pictórica, performativa e conceptual. A recoñecida artista Barbeito participa tamén con obra propia abrindo o seu taller coa intención de dinamizar a vida cultural da vila de Betanzos na que comparte a súa mestría co pincel ofrecendo clases a persoas de todas as idades.

  

 

 

 


 

A Mostra Laboratoria recolle obras realizadas no último ano e que teñen en común a revisión de estereotipos e construcións ligadas ao xénero, tamén nos ofrece información acerca dos procesos de creación das participantes; Lore, Roma Pernas, Salicornia, Sira Lorenzo, Vann e Violeta Gonzalez Otero.


Na mostra abórdanse temas de actualidade como as relacións de coidados na medicina actual, os medos e baleiros que xera a sociedade que transitamos ou a defensa da natureza. A exposición permanecerá aberta durante o mes de xuño e, poden solicitarse visitas guiadas poñéndose en contacto co Estudio de MJ Barbeito ou a través do tallerdepolo.