O laboratorio consiste nun acompañamento ao teu proceso creativo, un taller ao mes no que compartimos os nosos intereses e os avances do noso traballo plástico. Podes combinalo con titorías persoais nas que traballar aspectos concretos que che preocupen e o ritmo de traballo o marcas ti.
O grupo de Lab. 2021 foi heteroxeneo, con intereses e bagaxes moi distintos. NOn é necesario un coñecemento previo de plástica para participar, si é preciso ter unha actitude de apertura e exploración e marcarse uns obxectivos cara os que camiñar, nós faremos posible ese camiñar. Os temas dependen das participantes, algúns son máis intimos e densos e outras persoas prefiren qauedar nun área menos profunda e poñer enerxía na parte técnica.
O pasado curso esta experiencia permitiunos conectas coa nosa vulnerabilidade e, ao tempo, coa sorprendente forza que agochamos dentro de nó. Foi unha montaña rusa de aprendizaxes, exploracion, frustración e sorpresa que non culmina aquí senon que continuará en cada unha das participantes; coa apertura a esta capacidade tan fermosa de transformar a vida, as feridas , o cotiá en algo novo para compartir. As miñas cómplices marabillosas nesta aventura Marta V. M.R. , P. Cristobo, Natal e Shaina foron valentes e fixeron medrar o mellor de min. :)
Agora un novo Equipo Lab. está por chegar e unha nova experiencia por vir... apúntate!! Escribeme a polotallerdepolo@gmail.com ou ao tlf. 617 293 024 e aí te reservo praza ou resolvo as tuas dúbidas.
As imaxes son da presentación de procesos creativos e obras do Laboratorio 2021 en A Tobeira de Oza, compartindo o momento con un montón de persoas amigas que se emocionaron con nós.
Fotografías e vídeo de Carlota Méndez
Ningún comentario:
Publicar un comentario