Amosando publicacións coa etiqueta curso de pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso de pintura. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de agosto de 2026

Atención ao novo curso 2026-2027!

 Queridos artistas do tallerdepolo volvemos a coller o pincel e o lápis a partir do 15 de setembro, estás preparadx?

Esta é a proposta de horarios para o vindeiro curso, necesitamos acadar un mínimo de participantes para facelas efectivas pero algúns dos grupos xa están case cheos, ollo. 

 Escribe ou chama ao 617 293 024 ou no email polotallerdepolo@gmail.com para reservar a túa praza. 


MARTES

de 17:00 a 18;30 horas temos DEBUXO MANGA para nenxs de oito a doce anos de idade.  Con Patricia Saavedra ambos grupos do Martes. 

MARTES 

de sete da tarde a nove MODELANDO IDEAS con arxila de secado ao aire, adultos.

 MÉRCORES

de 11:00 a 13:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.  

 MÉRCORES

de 17:00 a 19:00 horas propoño unha viaxe polo debuxo e todo o que nos ofrece a súa práctica + QUE UN CURSO DE DEBUXO, unha viaxe polo debuxo máis clásico, o debuxo como posibilidade narrativa e disruptiva. Este curso inclúe a materialización das aprendizaxes mediante a Fanzinería, un espazo para concretar o aprendido e compartilo co resto do mundo mundial. 

de 19:00 a 20:00 horas Fanzinería! un pequeno espazo para acompañar e facilitar a creación individual ou en grupo de fanzines. Incluída no curso de debuxo +QUE UN CURSO DE DEBUXO, podes vir só á fanzinería (1 hora á semana =40€/mes) .  

XOVES 

 de 16:00 a 18:00 horas  Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.

 de 18:00 a 20:00 horas Pintura e Debuxo para adultos: acuarela, debuxo, colaxe, acrílico, óleo,... grupos reducidos e atención moi persoal. Con Polo como profe.

 VENRES 

 de cinco a seis e media Peque Artistas con Julia Aguiar, a partir de cinco anos de idade. 

SÁBADO 

Laboratoria, un espazo de creación só para mulleres. Unha vez ao mes atopámonos de maneira presencial para compartir os nosos procesos de creación. Inclúe mentoría mensual individual. De outubro a xuño. En setembro empezamos a vernos e imos deseñando a ruta . 

 

 Vémonos no tallerdepolo para compartir xuntxs o que nos gusta: as artes, a cultura, a convivencia en paz e a ilusión por unha vida chea de beleza. Vémonos pronto!

 

 

 

 

domingo, 28 de setembro de 2025

EN OUTUBRO EMPEZAMOS TODOS OS GRUPOS

En outubro todos os grupos empezamos a traballar, e aínda queda algunha praza por se te despistaches. Os venres hai dous grupos para peque artistas e mocidade; as catro e media e as seis!


Atención porque tamén empeza o laboratorio creativo, e lembra que antes de empezar temos unha charla persoal para afinar o camiño que vas facer durante o laboratorio. A primeira sesión será o día 11 de Outubro e xa están marcados o resto de sábados que imos quedar.  Apuuuura!!





venres, 5 de setembro de 2025

EMPEZAMOS O CURSO!

 ATENCIÓN!

 

empezamos novo curso o mércores 17 de setembro

 

Grupo de 11:00 a 13:00 

Grupo de cinco a sete

 

E tamén o xoves: de catro a seis e de seis a oito. 

 



O grupo infantil comeza en outubro.

O laboratorio creativo para mulleres comeza en outubro pero xa estamos facendo as titorías individuais para ir situandonos no camiño. 

Reserva a túa praza ou infórmate en polotallerdepolo@gmail.com 





luns, 16 de outubro de 2023

Primeiro mes de clase!

Xa cumprimos o primeiro mes de clase, agora a seguir con enerxía aprendendo óleo, acuarela, acrílico, debuxo e todo o que necesitemos para facer medrar a nosa creatividade. 

Os grupos abertos actualmente son: 

Para adultos ( a partir de dez anos) mércores pola mañá e pola tarde e tamén os xoves de tarde e sábado pola mañá. 

Os venres peque artistas a partir de seis anos e ata nove.  

Xa empezamos os dous grupos de laboratorio creativo para mulleres bravas e soñadoras, cada un traballa un sábado pola tarde ao mes. 

E as titorías individuais están en marcha, tan só hai que concretar previamente os obxectivos que queres acadar e establecer día e hora para quedar esa hora de titoría e avanzar con forza.


 


 

Acuarela nas clases de adultos, podes practicar distintas técnicas ata atopar a que máis se adapte a ti e ao teu momento. Podes pintar ao óleo ou facer colaxe ou probar técnicas mixtas.

 

Os sábados estamos a partir das 11:30 horas, a partir de dez anos podes asistir e iniciarte na pintura, mellorar o teu debuxo ou concretar cales son as túas aspiracións para deseñar o aprendizaxe a medida para ti.

Venres os peque artistas avanzan expresando e creando de maneira divertida acompañadxs por Julia ( @atelierconjulia)

E o laboratorio creativo comezou en outubro, aínda estás a tempo de incorporarte se sintes a chamada da creación ;)




luns, 26 de setembro de 2022

Comezamos un novo curso!! de Outubro a Xuño con grupos de pintura e debuxo, taller infantil e unha nova posibilidade; teatro terapia.

As clases son un tempo para ti, para compartir en compañía o pracer de pintar, aprender e facer cousas moi lindas. Aprender a pintar e moito máis! Lembra que tamén sairemos a ver exposicións en grupo; aprender a través da obra de outros artistas e pasar un tempo de calidade compartindo cultura e arte.


Na pestana HORARIOS 2022-2023 tes toda a información e tamén contactando comigo no tlf. 617 293 024 ou en polotallerdepolo@gmail.com 

Grupos reducidos de pintura e debuxo os luns e xoves pola tarde e mércores pola mañá, con Polo como mestra. Reserva a túa matricula canto antes!
Seguiremos traballando en pequenos grupos, nos que podes debuxar e pintar: óleo, acrílico ou acuarela, probar a mesturar técnicas ... nas tardes do luns e xoves . Con amplo horario para conservar eses grupos cativos (podemos empezar as catro-cinco e ata as oito ou nove, segundo se formen os grupos cada dúas horas). Tamén seguimos pintando os mércores pola mañá no mesmo horario habitual a partir das 10:30 horas.
Nos grupos de PINTURA podes probar diferentes técnicas e buscar a que se adapte máis a ti e ao momento no que te atopas. Mellorar o teu debuxo, adquirir coñecementos básicos para afrontar o debuxo e o volume, perspectiva ou anatomía e prepararte para acceder a escolas de arte é tamén algo que podes ir facendo ao longo do curso, realizando un bo portfolio e acadando solidez e confianza na tua man.Para o Debuxo o SABADO pola mañá é un bo día, menos un sábado ao mes teremos clase as 11:30 horas.

Laboratorio creativo
O lab para mulleres estará activo por trimestres de outubro a decembro, xaneiro-marzo e abril-xuño. Non se require matrícula pero si o compromiso de pago, por trimestres, de todos os meses que dura a actividade (de outubro a xuño) aínda que non poidas asistir ao obradoiro do mes (xa miraremos o xeito de compensalo). A mensualidade de 60 euros cubre o taller mensual (mínimo de tres horas un sábado o 3º ou cuarto sábado do mes ) e unha titoría individual trimestral .
Actualmente podedes ver unha exposición no Café Universal cos traballos de dúas das participantes do primeiro laboratorio, Marta V e Paula Cabaleiro, pásate a vela!
A primeiros de 2023 expoñeremos na Casa Museo de María Pita un conxunto de traballos de algunhas das participantes de este marabilloso grupo de creación.

Taller infantil
As clases do grupo Infantil impartidas pola artista Julia Aguiar continúan todos os venres de cinco a seis e media, cun prezo de 48€/mes (exentos de matricula) e inclúe todos os materiais excepto un bloc de debuxo persoal (A3 acuarelable) para cada nenx. Calquera información Julia vos contesta con gusto no telf. 634 583 689  ,no email juliaguiarmarcos@outlook.com e no Instagram e facebook @atelierconjulia

Taller de teatro terapia
Unha novidade que nos ofrece este curso Marina Rivela é un grupo de teatro terapia, unha actividade moi especial “Un lugar donde la expresión en libertad es bienvenida y cuidada. Soltar carencias, creando así una red para caer en un remanso de paz, de alegría. Necesitamos estar curad@s para curar e intentar construir nuestro mundo interior más fuerte que nunca.” para adultos nas tardes dos mércores .
Podes consultar polo miúdo con Marina no tlf. 651 497 857 ou no Instagram @T. espejoalma

"Un espazo para coñecernos e entender que nos ocurre moitas veces con nosoutrxs mesmxs e cos demais. É curioso porque cando nacemos vimos con toda a información para poder vivir en paz, para gozar do simple, do cotiá. Que nos ocurre pra que logo non sexamos cpaces de captar o sentido da vida? E as veces é tan fácil como: escoitate, para , respira e desfruta. "


Clases de arte terapia os Mércores pola tarde!  contacta con  Marina Rivela no instagram @t.esperjoalma ou no tlf. 651497857



Espérovos no taller! Compartindo momentos moi especiales cheos de creatividade e humanidade :)




domingo, 22 de maio de 2022

Curso de pintura ao óleo no Concello de Oleiros

 


 

En marzo comecei a dar un Curso de pintura ao óleo en Oleiros! 

Se vives en Oleiros ou preto, estou a dar un curso de pintura para o concello nunha antiga escola que habilitaron para impartir disciplinas artísticas: pintura, escultura, traballos manuais, etc.

 



 Este taller está pensado para que calquera persoa adulta poida desfrutar da pintura e aprender ou perfeccionar a súa técnica de óleo. Pero teñas un nivel máis avanzado ou esta sexa a primeira vez que colles un pincel, é importante coñecer como coidar o material para que dure máis tempo. Por iso, nas clases vemos como usalo, como conservar os pinceis e como empregar as pinturas para que lle saques o máximo rendemento posible. Pero non te preocupes, que non esquecemos a técnica! Aínda que en cada un dos 3 grupos haxa un aforo máximo de 12 persoas, intento personalizar as clases o máximo posible para que todo o mundo avance ao seu ritmo. Porén, independentemente do que saiba cada persoa, nas aulas vemos o volume, as sombras e a súa cor, a cor e a súa harmonía e tamén a composición. Para que aprendas, ou reforces, as bases da plástica e as poidas incorporar ao teu aprendizaxe de óleo.




 

Se algo podo destacar destes grupos é o bo ambiente que se xerou en tan pouco tempo. Empezamos o curso en marzo e desde o inicio houbo un clima cómodo, de compañeirismo, de crear comunidade e facer grupo con todas as persoas. Porque a aprendizaxe que se fai en grupo sempre é da que máis aprendemos, non cres? 

Así que se che apetece unirte, en xuño quedarán algunhas  prazas libres  e eu estarei encantada de iniciarte na aventura de pintar ao óleo. O curso durará ata finais de xuño e podes anotarte desde o departamento de cultura do concello de Oleiros.