martes, 24 de xaneiro de 2023

TALLERES CORTOS EN FEBREIRO

Nos achegamos a Febreiro e aos días máis longos con máis luz. Compártovos neste correo obradoiros para desfrutar todas as idades. 




ACUARELA INICIACIÓN
4 FEBREIRO de 17,00 a 20,00 horas
45€/ Material incluído- persoas adultas

Materiais e exploración para persoas que non probaron a acuarela e senten curiosidade por probar e sacarlle partido. Realizaremos varios exercicios sobre papel húmido, faremos reservas, veladuras e texturas. Usaremos o aprendido nestes exercicios abstractos para realizar acuarelas figurativas a partir de modelos do natural.
Para reservar praza escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf 617293024




CREAR CON COLAXE
11 FEBREIRO de 17,00 a 20,00 horas
25€/ Material incluído- a partir de 12 anos de idade

Faremos un xogo en grupo e realizaremos exercicios que nos introduzan na dinámica do colaxe para expresar as nosas ideas e sentires. Veremos recursos interesantes e artistas que empregan o colaxe como medio de expresión para achegarnos ás diferentes posibilidades que nos ofrece esta técnica sorprendente e divertida. Ao final da xornada levarás á casa varios fermosos colaxes.
Para reservar praza escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf 617293024

 




TALLER DE MÁSCARAS
20 FEBREIRO de 17,00 a 19,00 horas
25€/ Material incluído- a partir de cinco anos de idade

Taller de elaboración de máscaras para peques a partir de cinco anos. Falaremos sobre a máscara, veremos caretas tradicionais de distintos lugares do planeta que nos servirán de inspiración para construír unha única e creativa peza. Usaremos distintos materiais procurando a reciclaxe, darémoslle cor e terémola lista para usar o martes de entroido. Julia espéravos o luns de entroido no tallerdepolo para preparar a vosa máscara única e orixinal.
Para reservar praza escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf de Julia 634 58 36 89


Ah, e xa vos informo que o taller de Acuarela Iniciación e Crear con colaxe repetiranse en marzo, nos mesmos días. Acuarela o 4 de marzo e Colaxe o 11 de marzo.
Como sempre, agradezo moito a vosa complicidade e sei que compartides a información con familias e persoas creativas interesadas neste tipo de actividades, moitas gracias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario