mércores, 14 de setembro de 2022

Obradoiro infantil de verán

Este verán volvín a retomar o contacto coas persoas máis novas e foi gracias ao Concello de Oleiros que me confiou a tarefa de dar un obradoiro de Ilustración e banda deseñada para idades a partir de seis ata doce anos,  un rango amplo no que hai que ofrecer intensidades distintas adaptándonos tamén ao lúdico do tempo de vacacións. 

A prioridade foi que o pasaran ben, deseñar un obradoiro dinámico, con exercicios diferentes cada día,  sabendo que a asistencia nos días de verán é desigual. Que confiaran nas súas habilidades e que levaran recursos para trasladar ao papel as súas ideas e historias por contar.


A avaliación final deixounos moi boas notas as dúas; contei coa axuda de Iria de @sucedeartevisual unha persoa marabillosa coa que foi moi fácil traballar e manter un ambiente enerxético e de ilusión cada día do taller. 

 

Comeza o outono e xa estamos empezando un novo curso, na pestana de HORARIOS 22-23 tes información de días, horarios e actividades que estamos armando pra que o próximo sexa un bo curso,  cheo de ilusión e creatividade.

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario