domingo, 19 de xuño de 2022

Presentación de obras e procesos creativos no Faro de Oza

 

O domingo 26 e o luns 27 o Faro de Oza se iluminará de arte.


O luns 27 CompartiremosO xuntanza artistas locais falando de experiencias e proxectos levados adiante o pasado 2021. Será unha presentación tranquila para coñecer proxectos desenvoltos o pasado ano, poñer en valor os nosos traballos, coñecernos e facer rede para próximos proxectos ou convocatorias. E un evento aberto a artistas, persoas interesadas na arte e público xeral que queiran coñecer como está o ambiente creado cidade; benvidas as voces todas.

 
Contaremos con:

Verónica Moar, cerámica artística e performance, presentàndonos o seu traballo “Portas do mar”   https://www.veronicamoar.com/

Verónica Nóvoa, arte textil, presentará as Xornadas ATC.  

https://www.instagram.com/veronovoa__/

Paula Pintos, de Cía. Masamadre, que nos falará de Icaro @_icaro___ .

 www. Ciamasamadre.com
@ciamasamadre
@_icaro___

Victor Ares, ceramista, cederanos para a ocasión unha das súas Mulleres floreiro, veremos o vídeo poema “A ciencia do poema” de Estibaliz Espinosa

@victorares              https://es-la.facebook.com/varesces

https://estibalizespinosa.com/tag/poemas/

 

Julia Aguiar, artista plástica, nos contará sobre os “Muráis Mariñeiros As Xubias” e falaremos tamén con           https://www.instagram.com/julia.guiar/

      

Eu vos contarei sobre o Transitando arte a experiencia, colaboracións e o resultado e estarei encantada de vervos xunto ao mar.    https://transitandoarte.wixsite.com/transitandoarte


 
O domingo serán a equipa do laboratorio creativo as protagonistas que nos compartirán os seus avances do curso pasado e contaránnos en que momento se atopan, veredes que marabillas están a facer! O domingo ás doce presentación deste equipo lab e

Paula Cabaleiro e Toni García presentarán o poema visual “Corazón florecido” as 13.00 horas
Seguiremos no Faro o resto do día, con cafeteira incluída e praia ao carón, mellor momento para coñecernos imposible ;)


 

 

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario