luns, 18 de maio de 2020

lab, pílula de acción e creación

Temos en marcha un grupo de Lab: neste paréntese parou no modo presencial e, esta semana retomamos en modo de titorías de unha en unha. Aínda que as forzas e as ganas son desiguais polo momento, pero todo pasará e recuperaremos as nosas enerxías.

En Xuño retomaremos este pequeno grupo que está en marcha; anímate e incorpórate!  iremos formando un novo equipo para compartir forzas e ideas, un lab2 para ti e para desenvolver esa creatividade que tes gardada, dar forma ás ideas que che rondan e ir descubrindo como concretalas.

O Lab que empezamos este curso é tamén, como o Curso Básico, un taller mensual con un compromiso de periodicidade para dar seguimento ao teu proxecto, xa que este grupo acompaña ás participantes cara a desenvolver a súa proposta artística.

Trátase de experimentar e desenvolver métodos e procesos creativos facilitando os descubrimentos persoais, o achegamento á Historia da Arte e as súas disciplinas. Conformando un espazo de seguridade e experimentación que xere en nós a confianza para investigar e propiciar un traballo plástico autónomo, sen pretender como obxectivo ultimo a consecución dunha obra pechada.


Las artes son medios para explorar nuestro propio paisaje interior. Cuando las artes nos conmueven de una manera genuina, descubrimos lo que somos capaces de experimentar. En este sentido, las artes nos ayudan a descubrir el contorno de nuestro ser emocional. Ofrecen recursos para experimentar el alcance y la variedad de nuestra receptividad y nuestra sensibilidad.” El arte y la creacion de la mente, Elliot W Eisner





Ningún comentario:

Publicar un comentario