A incerteza conéctanos a todas estes días, recuperar as actividades cotiás será cousa de tempo e tamén de enerxía pois todxs quedamos afectadas dalgunha maneira; emocionalmente, por suposto. Pero todas temos tamén experiencia en cambios e en emocións fortes, e sabemos que pasar á acción e tomar o control é sanador. Xa levo varios anos propoñendo veranearte adultas, mulleres compartindo tempo e vivencia mentres deixamos que aflore a nosa creatividade. Un espazo de encontro, un espazo seguro, compartindo aprendizaxes que nos leven a soñarnos diferentes.
Obxectivo pintar e xogar compartindo tempo e vivencia; dar estimulo á nosa creatividade e liberdade, coñecer un pouco mais da Historia da Arte “mutante”, perdida e encontrada porque se vai construíndo a pasos, segundo se incorporan miradas que non se tiñan en conta.
O pracer de aprender e traballar xuntas, de gozar coa cor, coa musica, coas outras ... unidas nunha ofrenda a nós, pensándonos-soñándonos da mellor maneira, na nosa mellor versión.
Apúntate para ir deseñando os pequenos grupos ao longo do verán!
"Las artes no solo pueden representar lo que se ve o se oye; tambien pueden representar lo que se siente" , E.W. Eisner
Ningún comentario:
Publicar un comentario