As semanas pasaron voando; ao principio, cando nos deixaron saír a enerxía na rúa podía comigo, sentías a tensión e un ambiente pouco favorable para calquera cousa boa. Pensei que iso mesmo lle tiña que pasar á maioría da xente, e tamén ao alumnado do taller.
En canto puidemos abrir a porta á pintura, á expresión e a arte fixémolo! Dunha maneira terapéutica e coidadosa, abertas como sempre ao xogo e a expresión. Aínda nos cambaleamos un pouco na estabilidade que tanto desexamos e que non se concreta, xa que non existe. Empezamos as clases de unha en unha, co alumnado que xa estaba vindo aos obradoiros en curso, amodo e dando pequenos pasos para a volta. Foi unha experiencia moi intensa, chea de consciencia e compromiso con un alumnado que me demostrou o mellor e o máximo respecto polo meu traballo nestes raros tempos.
Estou
contenta co discorrer deste novo inicio de curso, ante min un verán
para traballar e avanzar moldeándome as circunstancias. Para
compartir con vós
talleres
e actividade, vida e arte! Espérovos
no taller!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario