Amosando publicacións coa etiqueta palavea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta palavea. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de outubro de 2022

Taller na Asociación veciñal Os Nosos Lares de Palavea

Un novo convite dende o barrio de Palavea, moi agradecida a esas veciñas que se achegaron o día 26 de Outubro a compartir un momento de ledicia e moita consciencia do ser e estar. Gracias á Os Nosos Lares por contar comigo unha ocasión máis e pola labor que están a facer dinamizando do barrio.

Debuxo e a pintura son linguaxes ao alcance de todas nós.

Serven para expresarnos, para mostrar como nos sentimos e transformar enerxías do noso interior en liñas cheas de poder. Por experiencia propia sei o moito que nos pode aportar a arte, como pode revisar a nosa historia de vida e xerar novas formas de ver e interpretar o que temos ao redor, o que cremos ser e como nos relacionamos con estereotipos e prexuízos. 

Neste obradoiro collimos un pouco de poder a través da liña e da súa expresividade. A tinta e as sorpresas que nos da e a música como guía do movemento da nosa man.

Un novo convite dende o barrio de Palavea, moi agradecida a esas veciñas que se achegaron a compartir un momento de ledicia e moita consciencia do ser e estar.








luns, 1 de novembro de 2021

Encontro Roi Alonso e Polo en Transitando Arte, Palavea

O segundo encontro de Transitando arte conta con Roi Alonso, creando ao longo da tarde do 6 de Novembro unha obra fotográfica que acompañe a unha das miñas obras pictóricas, eu son Polo :) e estarei creando con vós.


 

Estou traballando nun óleo, que necesita aportes dende fóra para poder avanzar, polo que abro un proceso creativo íntimo á colaboración cos artistas convidados neste Transitando arte, proceso aberto tamén á veciñanza que nos acompañe ese día. As ideas que xurdan nese momento, a partir desta obra en proceso e do seu movemento polo espazo público, seguro me levan a avanzar no proceso de creación, a ver de descubrir unha visión que conecte co que xa teño feito pero que eu descoñecía ou non me atrevía a incorporar á peza. É todo unha incerteza, un proceso creativo que camiñará coa experiencia do Transitar e do que só sabemos seguro que poderedes ver resultados en Decembro.

A pintura que levarei a Palavea é unha obra auto-referencial, unha parte da miña historia de vida, nesta obra conecto o espazo (casa, aldea, barrio) e a vivencia persoal, a pegada na lembranza. Para min si é moi importante o espazo que habitamos e, sen dúbida, inflúe en comportamentos, relacións e hábitos que desenvolvemos dende a inconsciencia... tamén me interesa a vinculación da memoria cos espazos (paisaxes urbanos e rurais) do presente e como pode afectar a unha persoa a desaparición dun elemento que conformou a súa historia de vida.


A primeira parte da tarde consistirá neste diálogo e compartir sobre a obra e o espazo, unha interacción que seguro nos ofrecerá momentos marabillosos. A segunda parte da tarde será un obradoiro de divulgación artística no que traballaremos con pintura sobre os temas tratados, as prazas para o taller son limitadas e hai que reservar praza canto antes.

Para compartir esta tarde tan especial só tedes que anotarvos no email da Asociación Veciñal “Os nosos lares” de Palavea osnososlarespalavea@gmail.com



E lembrarvos que o proxecto consta de tres encontros de artistas, o día 13 contaremos con ALIVAVÁ e Carlota Méndez , e obradoiros para a veciñanza do barrio da man de Julia Aguiar, elchano e Sucede Arte Visual. Estade atentas á páxina https://transitandoarte.wixsite.com/transitandoarte onde relatamos toda a historia.