xoves, 26 de novembro de 2020

PROXIMO TALLER EN NOCTURNIA!

Próximo taller para o día 5 de decembro dentro do programa de ocio saúdable do Concello de A Coruña. Son estas actividades e obradoiros gratuitos para mocidade de idades  entre doce e trinta. Tedes que inscribirvos a partir do luns 30 de novembro , o numero de prazas é limitado para garantir a seguridade fronte ao covid, traballaremos en grupos de catro participantes. 

 https://www.coruna.gal/cmix/gl/suceso/nocturnia-outono-2020-programa-de-ocio-alternativo/suceso/1453747722582

 

       E difícil imaxinarse un mundo sin cor, sin embargo, normalmente non nos fixamos  na interacción da cor coas nosas emocións. Veremos algunhas asociacións culturais entre cor, sentimentos e razón e faremos exercicios que mesturen cor e emoción para detectar a nosa paleta emotiva. Finalmente, encheremos cada participante un mandala coa nosa selección harmónica de cor atendendo a unha emoción proposta.
      
       “Mandala cores da emoción”
       Exploraremos a relación entre a cor e as emocións mediante exercicios e buscaremos a nosa paleta cromática. Pintaremos cadaquén a sua mandala buscando a harmonía das cores e faremos que represente unha emoción. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario