BASES SORTEO
“Pinto, que teño que pintar”
Sorteamos un trimestre de clases no tallerdepolo para unha persoa a partir de seis anos de idade.
PARTICIPACIÓN
Para participar hai que cubrir unha serie de preguntas que acompañan á exposición “Pinto, que teño que pintar” en A Fábrica, Perillo- Oleiros, podes atopalas en folios na mesa da entrada. Non hai respostas correctas ou incorrectas animámoste a respondelas todas.
Importante deixar un nome ou alcume e un dato que nos permita poñernos en contacto no caso de resultar gañador-a. Cubrir só unha serie de preguntas por persoa participante.
O folio coas preguntas e o dato de contacto ben dobrado debe meterse na caixa que se atopa enriba da mesa. A caixa permanecerá na sala ata o 30 de outubro.
SORTEO
Faremos unha revisión das preguntas asegurándonos de que foron cubertas e achegan un dato de contacto. Con todas as preguntas válidas faremos un sorteo na quincena seguinte ao remate da exposición.
Contactaremos co gañador-a e compartiremos o resultado na web do tallerdepolo e nas redes sociais (gañador e dous participantes máis por se non contesta o gañador).
O sorteo realizarase nunha das clases do tallerdepolo co alumnado presente.
PREMIO
A persoa gañadora do premio recibirá un VALE por tres meses de clases nun dos grupos do tallerdepolo. Este vale non inclúe o material.
Acordaremos o grupo que sexa máis viable en función de idade, dispoñibilidade (do gañador e do tallerdepolo) e intereses. O VALE polo trimestre pode ser canxeado por titorías individuais ou talleres cortos de maneira equivalente en prezos.
O VALE terá vixencia durante o curso 2024-2025, que remata a finais de xuño de 2025.
DATOS
As respostas ás preguntas usarémolas para as nosas redes e como información para futuros eventos do tallerdepolo. Os datos persoais que aporten os participantes borrarémolos unha vez transcorrido o sorteo.
Para máis información dirixirse a polotallerdepolo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario