sábado, 2 de abril de 2022

Novos obradoiros de Colaxe en Nocturnia


 

Recén saída a programación de Nocturnia, o programa que o Concello de A Coruña, destina á mocidade ofrecendo unha amplia variedade de actividades de ocio saudable para as fins de semana. O tallerdepolo ofrécevos tres obradoiros de colaxe manual pensados para desfrutar dunha actividade altamente creativa e que nos permite contar moito creando novas imaxes a través da transformación das fotografias/ilustracións que nos ofrecen revistas, libros e publicidade. Cortar e pegar, con exercicios en colectivo, xogando entre as participantes coas imaxes e tamén realizaremos traballos individuais que logo levaredes para a casa.

En Creando con Colaxe faremos un exercicio colectivo e un colaxe individual, coñeceremos artistas colaxistas que nos sirvan de inspiración e analizaremos o seu traballo para entender claves que nos leven a acadar un resultado sorprendente nas nosas obras.

En Colaxe mixto con texturas veremos o sinxelo que é facer texturas para engadir aos nosos colaxes e diferentes formas nas que se poden enriquecer os nosos traballos co aporte de texturas e cores. Sempre de maneira divertida acadamos resultados moi satisfactorios.

En Colaxe da Natureza nos centraremos no uso de elementos da natureza atopados en diferentes libros e revistas e os combinaremos buscando a beleza e a harmonía. Coñeceremos artistas colaxistas que retoman de diferentes formas fotografías ou imaxes da natureza para crear algo novo.



CREANDO CON COLAXE

Obradoiro gratuíto para idades de 12 a 30 anos.

9 de Abril no Centro Cívico da Cidade Vella as 18:30 horas

Inscripcions abertas o luns 4 de abril as 16,00 horas

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/nocturnia-primavera-veran-2022/suceso/1453794546755



COLAXE MIXTO CON TEXTURAS

Obradoiro gratuíto para idades de 12 a 30 anos.

7 de Maio no Centro Cívico da Cidade Vella as 18:30 horas

Inscripcions abertas o luns 2 de maio as 16,00 horas

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/nocturnia-primavera-veran-2022/



COLAXE DA NATUREZA

Obradoiro gratuíto para idades de 12 a 30 anos.

27 de Maio no C. C. Agora de 21:00 a 23:00 horas

Inscripcions abertas o luns 23 de Maio as 16:00 horas

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/nocturnia-primavera-veran-2022/



Ningún comentario:

Publicar un comentario