venres, 11 de marzo de 2022

Sen parar de pintar!

Seguimos adiante, pintando, debuxando e creando a diario... Seguimos coas clases no horario habitual pero con unha pequena modificación, debido ao comezo dun curso de Pintura ao óleo para o Concello de Oleiros ( se vives en Oleiros infórmate porque aínda queda algunha praza e é unha oportunidade estupenda para empezar -ou mellorar- a túa pintura), mudamos a clase dos martes para as catro da tarde. Lembra que traballamos con grupos reducidos e cada persoa pode aprender ou mellorar a técnica que desexe; acrílico, acuarela, óleo, colaxe, debuxo, ... e experimentar con todas elas.



No tallerdepolo aínda temos prazas libres durante a semana, sabes que podes facerme calquera consulta no email polotallerdepolo@gmail.com ou no telf. 617 293 024 . Para peques os venres podes probar con días soltos, Julia te informa e resolve as túas dúbidas;  ou no propio taller se te achegas un venres ou chamando ao 634 583 689 

Esperámoste co pincel preparado! :)

 






 


 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario