De pequena gustábache debuxar e pintar, pero co tempo e as obrigas do día a día fuches deixando de practicar ata que quedou a un lado.
O caso é, que a idea de retomar a pintura sempre está aí e cada ano que pasa volves a tela presente nos teus propósitos de Aninovo. Pero non te lanzas a anotarte nunhas clases porque hai tanto tempo que non pintas que xa logo pensas que te van poñer coas crianzas. E se empezan en setembro en vez de en xaneiro xa non vas poder entrar; ou vas ir tan atrás con respecto a quen si comezou en setembro que desta póñente coas crianzas seguro.
Nada máis lonxe da realidade!
Nas aulas do #tallerdepolo podes comezar en calquera mes do ano e anotarte no horario que mellor encaixe contigo (segundo dispoñibilidade). Así que se che apetece comezar agora, podes unirte.
Nos grupos de pintura e debuxo para persoas adultas cada quen ten o seu nivel, o seu proceso de aprendizaxe e as súas aspiracións. Hai persoas que empezan desde cero e outras que xa teñen unha base; e tamén hai quen o fai para desfrutar dunha #actividade mentres aprende e quen vén porque quere darlle un xiro á súa actividade profesional.
Ademais, o bo de que sexan grupos reducidos dunhas cinco persoas é que cada quen pode practicar a técnica que máis lle guste e consultar as súas dúbidas sen ter que facer todo o mundo o mesmo por aula: #acuarela, #óleo, #acrílico, #colaxe, #lápis, #grafito, etc.
Apetéceche probar?
Ven desfrutar da aprendizaxe e vive o proceso!
Reserva a túa praza en polotallerdepolo@gmail.com.
Texto escrito por @linguatrabada
Ningún comentario:
Publicar un comentario