martes, 14 de xullo de 2020

Repetimos Ponllearte!

Este verán repetimos, con mais forza e ilusión debido ao especial escenario de crise que estamos a vivir. Ponllearte! 2020, ofrécenos a posibilidade de conectar diferentes axentes (idades, profesións, intereses) da cidade, mobilizar á veciñanza dunha maneira creativa, ofrecer roles distintos á mocidade, mostrar en positivo os produtos e servizos locais dunha maneira orixinal. Así como, chamar a atención no resto da cidade sobre o barrio de Os Castros. Un equipo creador de moz@s elaborará un fanzine (revista autoeditada), compartindo con maiores que nos falen sobre as súas vivencias na corentena e como ven o futuro e traballarán tamén en complicidade cos negocios locais recibindo aportes para as súas ilustracións e debuxos, dando vida entre tod@s a unha creación orixinal que nos fale do barrio e dos seus retos para o futuro.


Aproveita esta oportunidade de formación, expresión e creación en grupo mentres vives unha experiencia no barrio e exploras-coñeces a sociedade que te rodea.





DATOS DO TALLER- equipo creador

-*Proceso de creación en grupo e elaboración dun fanzine (revista auto-editada) sobre o barrio deseñando e creando cada participante unha ilustración ou creación gráfica/literaria.

-mocidade a partir de 10 anos

-Inicio LUNS 27 DE XULLO finaliza aproximadamente o 14 AGOSTO

30 horas de taller, 9 horas semanais durante tres semanas mais horas soltas a cuarta semana.

De 11,00 a 14,00 horas

material incluído

PREZO: 60 EUROS/ PARTICIPANTE ZOCAMIÑOCA OFRECE UNHA BOLSA INTEGRA

Formaremos dous equipos en grupos reducidos e adicaremos unha xornada semanal a coñecer e investigar no exterior, no barrio.


EQUIPO 1 – LUNS , MÉRCORES E XOVES DE 11,00 a 14,00 horas

EQUIPO 2 – MARTES, MÉRCORES E VENRES DE 11,00 a 14,00 horas*



* calendario aproximado, podemos adaptarnos as túas variables.

--EQUIPO 1- DÍAS 27, 29 e 30 de xullo + 3,5,6,10,12 e 13 AGOSTO

--EQUIPO 2- DÍAS 28, 29 e 31 de xullo + 4,5,7,11, 12 e 14 AGOSTO

mais un par de días de colaboración na edición e remate do fanzine, probablemente os días 18 e 19 de AGOSTO.

Tamén desfrutaremos da presentación do fanzine e do proxecto nunha celebración con tódolas persoas implicadas un día por concretar aínda, finais de agosto ou principios de setembro. E unha oportunidade para quen queira expresarse en publico e poñer en valor o traballo feito.



O obradoiro consistirá en compartir en grupo un proceso creativo reflexivo, no que individualmente nos comprometemos a aportar unha ilustración ou creación a un fanzine que nos falará sobre o barrio e o seu futuro. Este fanzine será a suma da nosa creatividade máis os aportes que os seus habitantes nos trasladen en visitas e diferentes sorpresas cada semana. Estes equipos de creación estarán acompañados por Polo (artista e mestra, tallerdepolo taller de arte) Son (Terapeuta Ocupacional e creativa, @Ocupacións significativas) e Carlota (fotógrafa e creativa, @CarlotaMéndezfotografía). Probaremos diferentes técnicas, debuxaremos, escribiremos, e dialogaremos reflexionando sobre o que vaiamos descubrindo. Faremos que a nosa creatividade aporte ao desenvolvemento do barrio, autoeditaremos un fanzine e participaremos (na medida que nos queiramos implicar) nos diferentes niveles do proxecto.


Obxectivos cara á mocidade participante:

-dar esmulo, autonomia e formación as participantes

-descubrir e dar forma á nosa creatividade

-investigar e pensar a través das artes e a creación

-vincularse ao barrio e o comercio local a través dunha mirada creativa

-relacionarse de maneira positiva co grupo e coa contorna

-acoller a diversidade tanto no equipo creador como na contorna

-coñecer e reflexionar sobre un/unha mesmo e a sociedade

Ningún comentario:

Publicar un comentario