mércores, 24 de abril de 2019

"Pintando con Frida" obradoiro para nocturnia


 
O pasado venres 12 de abril ofrecemos o obradoiro “Pintando con Frida” dentro do programa de ocio nocturno alternativo do Concello de A Coruña, nocturnia.
Un obradoiro de tan só dúas horas para achegar a figura da pintora Frida Kahlo e a sua obra a mocidade de 12 a 30 anos de idade, e ademais realizar cada participante a sua pequena pintura acrílica. O reto era grande pero os resultados foron espectaculares! ;) 

Frida Kahlo figura icónica da pintura e do feminismo serviranos para profundar na nosa creatividade a través das emocións e experiencias persoais.Facendo que as participantes se acheguen ao mundo da pintura a través dun exercicio divertido e introspectivo. As artes pódennos aportar unha visión de xénero, situarnos no mundo e facer que nos coñezamos mellor.
 
Gracinhas as mozas e mozo que se animaron a participar en tan ousada proposta; foi unha xornada intensa e moi moi creativa. Gracias Carlota. 
Moita mocidade linda que seguro, farán uns presentes mellores que o que coñecemos. 



















Lembrade que o tallerdepolo ofrecera un obradoiro gratuíto en nocturnia o próximo 10 de maio, estade atentas para reservar a vosa praza! ;)  


https://www.instagram.com/carlotamendez.fotografia/
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario