O
sábado 14 de decembro tivemos a primeira sesión de arteterapia da
man de Jose, un profesor de artes plásticas que leva anos estudando
esta posibilidade terapéutica que nos ofrecen as artes. Foi unha
tarde tranquila e divertida onde nos achegamos á definición de
arte-terapia e as súas posibilidades. Sen dúbida quédanos moito
por descubrir nos vindeiros meses, que prometen ser unha fonte de
descubrimentos, de apertura persoal e de camiños creativos...
Formamos
un grupo de traballo moi curioso; heteroxéneo en intereses e
coñecementos pero homoxéneo no feito de ser todas mulleres!!
seguro que os sucesivos encontros nos levarán cara a unha grande complicidade
e afecto así que a experiencia se presenta como unha viaxe moi
pracenteira...
xa
vos seguirei contando ó longo do curso máis impresións e subindo a
este blogue imaxes creadas por nos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario