Este
decembro teño o pracer de expoñer distintas acuarelas de viaxe, en
pequeno formato, na feira ARTENADAL de Lugo (ó lado do museo
provincial). É unha oportunidade para mostrar pequenas instantáneas
-liberdade de expresión para definir ese momento recollido durante a
viaxe ou en foto ou pintando in situ- feitas durante viaxes ou
paseos ó longo destes dous últimos anos... e vender algunha delas, espero.
Tamén
levo varios cadros de cando me obsesionaban as pedras, os valados,
troncos... e detalles da natureza galega.
Xa que expoño nunha feira de artesanía aproveitei a ocasión para mercar os reis; buscando obxectos útiles,
fermosos e feitos polas mans de artesáns que viven preto de nos, que
son veciñxs, amigas e amigos, ... e moitos deles preocupados polo
coidado do noso entorno e de que os materiais que empregan non sexan
nocivos para a nosa saúde.
Se
pensades visitar Lugo non vos perdades a feira ARTENADAL!!
Quero
enviar un saúdo ás persoas participantes do taller Made in
Coruña que visitaron o tallerdepolo o 11
de decembro para aprender sobre a técnica da acuarela. Deume moito
que pensar esta visita... por exemplo; no dificil que é, as veces, contar @s
outr@s esa actividade que para nós é tan cotiá; tamén, que o
taller se convirte nun espazo-refuxio non só de traballo senón
tamén de illamento-de soidade buscada...
empezarei
a traballar na mellora para divulgar eses coñecementos que moitas
veces nin sabemos que posúemos, graciñas pola visita!
e
boas festas a tod@s, que sexan ricas en
amor e afectos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario