Un
novo dia das letras galegas por celebrar, será o próximo xoves 17
de maio. Nós
faremos festa e celebraremos a nosa lingua na rúa, na compaña do
taller TocaMadera e da veciñanza que se achegue a participar nos
talleres que vos propoñemos.
Aproveitando
que estamos na rúa
, e que
estamos no barrio a proposta do tallerdepolo
é que realicedes
o voso aporte
para a convocatoria internacional de
arte postal Neighborhood-barrio. Teremos para mostrarvos algunhas das
obras recibidas xa, en relación ás
dinámicas e construción do barrio/ dos barrios do mundo e poderedes
achegarvos ao fascinante mundo da arte postal.
O
taller TocaMadera proponnos unha dinámica faino
ti mesmo de
encadernación súper divertida, coa que sairedes cun fermoso caderno
listo para encher dos mellores desexos e debuxos que se vos ocorran.
Non
vos podedes perder esta ocasión de coñecer de cerca o proxecto e as
propostas
de artesanía TocaMadera.
Quedades
convidados a achegarvos, son obradoiros de balde (ata esgotar o
material), abertos a toda a veciñanza e amigxs que queirades
compartir este dia de festa no que se lembra a figura dunha muller,
dunha mestra unha creadora de historias e moito mais... Peregrina
Pérez (Maria
Victoria Moreno Márquez).
Esperámosvos
de 12 a 14 horas na rúa, enfronte da igrexa do Carme, excepto
que o clima o impida faremos barrio con vós
!
https://www.instagram.com/tocamaderagalega/
https://www.facebook.com/tocamaderagalega/
Ningún comentario:
Publicar un comentario