Levamos varios
proxectos en marcha. Un deles é a realización do noso “caderno
de artista” a partir de distintos traballos que imos realizando
en base as nosas experiencias semana a semana. Como sabedes, este
trimestre exploramos o noso contexto : onde nos situamos e
vivimos... que nos rodea ?, e paseamos e coñecemos o barrio (como as
galerías de alimentación), coñecemos a ribeira e o arte
postal, medimos e debuxamos o plano do tallerdepolo como se fora un
cadro cheo de cor(ou non), viaxamos a “ningunha parte” facendo un
percorrido en circulo onde o importante foi a observación e a
consciencia do ser e estar, colocamos ollos a cousas do cotiá
humanizándoas e fixándonos ben nelas, na sua personalidade... tamén
visitamos a oficina de Correos con un auténtico carteiro
especialista en cartas... estamos activxs como vedes :)
en Correos entregando as cartas para o mail project "na ribeira", de Manoel Bonabal
Caderno en proceso
Traballos sobre o cotiá, eses obxectos que pasan desapercibidos... forman parte das nosas vidas, son útiles, ou non? son fermosos, ou non?
Sobre o noso barrio os carteiros saben moito, lemos contos sobre carteiros e correo postal...
Incorporamos ao taller un mapamundi onde ir marcando os barrios e lugares dende onde nos cheguen as cartas de mail artistas para a nosa convocatoria "barrio"
Os ultimos traballos que enviamos a Manoel Bonabal para a sua convocatoria de mail art , na sua paxina podedes ver todas esas obras chulisimas...
http://aribeiraabeirade.blogspot.com.es//
Paula
Tania
Seguiremos contándovos dende este blog os nosos avances... ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario