sábado, 9 de abril de 2016

abril de expos!!!

pois ven un mes cargadiño de exposicións... coincidiu así, non foi algo premeditado ;)

que estamos dende o día 1 de abril na Biblioteca Municipal de Lugo, ReciclArte e tallerdepolo mostrando a labor de Reciclarte e as ilustracións orixinais feitas a propósito para os seus traballos.



e tamén nos coincide estar no escaparate de Jaspe Art, nesa iniciativa tan boa para xs artistas da cidade, que é estar á vista de tanto público que transita pola rúa Linares Rivas:  "El artista del mes"

pasádevos a ver os "Valados" e as "Acuarelas de recunchos da cidade"   ;)




segue aínda ata o 16 de abril a expo dxs artistas Independencia 28, no bar O Mentireiro,



e a voltas cos preparativos dunha  expo moi especial para mediados de mes, por primeira vez dende un lugar xeitoso como a Sala de Exposicións do Colexio de Médicos podemos mostrarvos tantos traballos-actividades feitos no tallerdepolo.
Xa temos cartaz e, alumnado, profe e amigxs estamos inmersas nos preparativos para compartir con vós ilusión e traballo feito e por facer ;)

 https://www.facebook.com/events/1160145770662405/
 no facebook ( Dores Polo)  podedes ir seguindo os preparativos :)





Asi que , vémonos ou vémonos en abril !!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario