luns, 13 de xullo de 2015

pintar na rúa... certame pintura rápida cidade de Lugo


Este domingo 12 de xullo tivo lugar o 15º certame de pintura rápida ao aire libre “cidade de Lugo”.




 É a segunda vez que participo nunha convocatoria deste tipo: todo un reto pintar só nunha xornada contra reloxo e a mercede do clima, co cambio constante da luz.... pero resulta apaixonante “tomala rúa” e facer pública unha actividade que maioritariamente facemos na intimidade do taller.
Imaxinar a cidade chea de pintoras e pintores concentrados na súa mirada e no seu traballo, mentres os paseantes de domingo poden satisfacer curiosidades e descubrir outras formas de ver o cotián...




Son crítica con todas estas actividades que organizan concellos e institucións, nas que aproveitan o traballo de artistas plásticos e profesionais das artes para dar vida e reencher axendas culturais a moi baixo custe... a o que tamén axudan as precariedades artísticas e estereotipos asociados a estes profesionais. Aínda sendo crítica tamén trato de ser flexible e ver o bo nestas iniciativas... neste caso “tomalas rúas” , facer visible un oficio, saciar curiosidades, xogar a ser pintora, romper tópicos, ofrecer moitas miradas distintas, disfrutar a cidade e a amizade da miña amiga Lucía, ... aprender moito co traballo dxs compañeirxs de xornada, acadáronse obras realmente fermosas...  :)

quédome lembrando a insistencia dun neno que pasou da man da súa mamá: mamá quiero aprender a pintar!! quiero aprender a pintar!! quería aprender xa!

http://lugo.gal/es/noticias/el-ayuntamiento-convoca-el-15o-certamen-de-pintura-rapida-al-aire-libre-ciudad-de-lugo
http://www.stadiosport.es/articulo/lugo/fallado-xv-certame-pintura-rapida-ao-aire-libre-cidade-lugo/20150713011912039857.html
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario