Os
contos infantís son para min,unha fonte de inspiración... hoxe en
día a calidade das ilustracións e a renovación nos contidos (de
algúns deles) os fan súper atractivos. Dáme moito gusto ver tanta
enerxía posta na xente que está medrando e despertando aos sentires
do mundo... e as bibliotecas municipais están cheas de lindos contos
accesibles para as xentes da cidade; un recurso accesible e rico para
incentivar o debuxo e a imaxinación.
Os
mellores días é un conto que nos trouxo Ángela ao taller con
fermosísimas ilustracións que nos falan de días onde todxs andamos
do revés, días onde todxs andan sobre enormes zancos, todxs imos
bicándonos...
- imáxinate días onde todaaaaaas-os fagamos ... ¿?
- como te imaxinas ti os mellores días?
"Los mejores días" Heinz Janisch/ Helga Bansch
Reprodución dunha ilustración do libro "los mejores días" pintada ao óleo por Ángela
http://galea-monde.blogspot.com.es/p/galea-en-el-estudio.html
propostas feitas por Marisé e Carlota para a posibilidade: hai días nos que...
todo florece!
a todxs lles explota a cabeza!
Ningún comentario:
Publicar un comentario