domingo, 23 de febreiro de 2014

visitante sorpresa

Este xoves tivemos un visitante sorpresa; Angel, de dous anos, que estivo con nós as tres horas que dura a clase. Estivo pintando, debuxando, ordenando as cousas que atopaba á súa altura e facendo preguntas a todas e todos, porque non para e non ten parada. Teño que dicir que é marabilloso poder levar ao sobriño ó taller e contar ca paciencia e implicación das participantes que comparten a clase; non tódalas persoas prestarían o mesmo apoio e comprensión ante unha longa xornada cun neno que cada hora vai máis e máis canso.


Polo demais as clases este mes, transcorreron con normalidade, con bo ritmo de traballo e resultados interesantes... espero que sexa esta unha impresión non só miña, senón de tódalas que participamos neste espazo creador.



Lembrarvos que seguimos facendo un taller de anatomía, onde estudar o corpo humano e as distintas posibilidades de enfrontarnos ó seu debuxo... e segue adiante o taller de arteterapia, un sábado ó mes.

 https://www.facebook.com/events/253684581446292/?previousaction=join&source=1
 http://arteyterapeutica.blogspot.com.es/2013/10/arteterapia-en-coruna.html



o noso visitante sorpresa en acción





conversa, debuxada por pablo 


xogo feito entre amparo e antía



 xogo feito entre varias alumnas; cris, lucía,inés e iria




 porto, pintado ca espátula por gerarda




 en clase de anatomia...






jose se achega dende vigo a dar o taller de arteterapia










Ningún comentario:

Publicar un comentario