Volve Nocturnia que nesta edición nos trae un novo obradoiro de Diario Visual e como a nosa práctica diaria pode resultar moi beneficiosa e esclarecedora das nosas costumes.... Imos buscar a beleza no cotiá, probar distintas técnicas e aplicalas ao noso caderno. A práctica diaria marca a diferencia ;)
Ven a comprobalo!! Será en Nocturnia o día 15 de maio no Ágora, vémonos!
E este mes de maio repetimos Nocturnia pero con un obradoiro novo no que expandimos os elementos do collage polo espacio, colaxe tridimensional.
Próximo encontro do Mosaico da Memoria o día 8 de Maio 2026 en A Coruña, de 1630 a 1930. Cando teña o cartel completo o subo pero se te apetece formar parte do mosaico estén atentx!
Lee abaixo do cartel toda a info sobre o Mosaico da Memoria.
O Mosaico da Memoria é unha obra que
se enmarca dentro da arte relacional e participativa. Para iso, Polo,
a artista, convídanos a participar nun encontro no que crearemos
pezas individuais que formarán parte dunha instalación: un mosaico.
-------------------------------------------------------------------
Con
motivo dos días europeos da artesanía fun convidada a dar un taller de
iniciación á acuarela no CPEE Manuel López Navalón de Santiago de
Compostela.
Mosaico da Memoria no Concello de Miño, inscríbete no telefono do cartel. Outra información relativa á realización do Mosaico podes contactar co tallerdepolo.
Con
motivo do Día de Rosalía de Castro realizarei un taller de colaxe no
que traballaremos ao redor da figura desta marabillosa poeta galega.
Será da man do Concello de Miño, no Centro Social da Rúa, onde espero atoparnos o vindeiro luns 23 de febreiro.
O
taller é de balde e só tes que facer a inscrición previamente para que
eu teña todo preparado da maneira máis xeitosa e fagamos os mellores
colaxes sobre esta figura tan respetada. No cartel tes a información
para anotarte, veña que estás a tempo.
Vémonos en Miño!
MOSAICO DA MEMORIA
Próximo será en Miño, pide información no Concello.
Seguiremos facendo recollida acerca das nosas mulleres referentes no verán e vindeiros meses.
Se estás interesada en participar no próximo Mosaico da Memoria das mulleres das nosas vidas escribeme a polotallerdepolo@gmail.com , é un obradoiro moi especial para crear unha obra xuntas. Se tes un espazo no que che gustaría que fagamos unha recollida escribe tamén
Ningún comentario:
Publicar un comentario