Nas clases semanais podes explorar e profundizar en distintas técnicas. Ao traballar en grupos pequenos a mestra pode guiarte de maneira persoal por eses intereses que te motivan á hora de debuxar ou pintar.
Tamén tes a posibilidade de titorías individuais nas que resolver ou impulsar cuestiones concretas da túa práctica artística.
Consulta sen compromiso toda a información das clases:
no email polotallerdepolo@gmail.com
ou no tlf. 617 293 024
Os grupos actuais son:
-mércores de 11:00 a 13:00 horas
-mércores de cinco a sete
-xoves de catro a seis
-xoves de seis a oito
-venres peque artistas e mocidade de 16:30 a 18:00 e de 18:00 a 19:30 horas con Julia Aguiar.
Información para os venres no telefono 634 58 36 89
Podes consultar as datas dos próximos sábados do Laboratoria na pestana laboratorio creativo.
A nosa primeira sesión foi en Outubro e xa estamos en marcha a pleno traballo.
Se te interesa formar parte do Laboratoria non dubides en informarte no tlf do tallerdepolo: 617 293 024
Ningún comentario:
Publicar un comentario