martes, 13 de xuño de 2023

“FANZINE EXPRÉS! ”

Nesta edición de Nocturnia faremos en grupo un Fanzine! 

 


 

 

Esta pequena publicación recollerá un traballo de cada participante. Mediante o debuxo e a palabra cadaquén abordará un tema actual e de interese propio e lle dará forma gráfica para compartilo co mundo formando parte de este fanzine comunitario

Elixiremos o nome, organizarémonos (temáticas, orden, unidade estética ou formal) e poñerémonos “as pilas” para aportar contido a esta publicación exprés. Diferentes técnicas para abordar ese tema de interese e o apoio do grupo para acadar resultados.

Veremos exemplos de fanzines creados de maneira moi persoal e orixinal por artistas fanzineiros nos que atoparemos diferentes formas de abordar o traballo; temas, técnicas, formatos,...

 

 

Días 10 e 16 de Xuño dentro do programa de lecer gratuíto e saúdable para mocidade de 12 a 30 anos. 

Xa está aberto o prazo de inscrición 

https://www.coruna.gal/informacionjuvenil/es/suceso/taller-de-fanzine-expres-ii/suceso/1453839104615

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario