mércores, 12 de maio de 2021

Próximos talleres: Collage , cortar e pegar!

Próximos obradoiros á vista!! Para o programa gratuíto de ocio saúdable do Concello da Coruña , Nocturnia , ofreceremos o próximo venres 14 o obradoiro Colaxe da Natureza. Cortar e pegar imaxes da natureza dando forma a novas creacións; veremos unha proposta máis pop e outra será unha composición máis clásica. O que é seguro é que nos divertiremos creando!! 

E, para as persoas que xa pasamos a idade dos programas xuvenís ofrézovos un taller de colaxe o sabado 22 pola tarde. Tres horas de inmersión no mundo do Cut and Paste das imaxes, propoñereivos xogos, analizaremos colaxes e artistas colaxistas e faremos sorprendentes creacións. Escribeme para reservar a túa praza.

Tres horas, no tallerdepolo, material incluído  30 euros/ participante. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario