domingo, 5 de xullo de 2020

veranearte ADULTAS



As persoas non tan peques de idade que queirades xogar e explorar coa vosa creatividade tamén tedes o voso veranearte!

En veranearte adultas non é necesario saber pintar trátase de compartir, xogar coa pintura e aprender xuntas sobre a obra de artistas clásicas ou contemporánexs. Ter un tempo para ti, para explorar e expresarte libremente e en boa compañía.  


16 de Xullo “etiquétome”

Obradoiro para explorar as “etiquetas” que conforman a nosa identidade achegándonos á obra de artistas clasicxs e contemporánexs e facendo, a partir da plástica, unha mirada ao que nos constrúe e nos define, que non nos determina. Mediante o dialogo exploraremos as nosas “etiquetas” e o que significan socialmente para logo ir vertendo esas dimensións no papel.

Anímate a veranearte!  Escríbeme para reservar praza e concretamos detalles polotallerdepolo@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario