venres, 19 de xullo de 2019

Ponlle Arte!


O verán é moi longo e as persoas precisamos alimento todo o ano; xa sexa ler, ou ocio interesante, conversas ou relacións que nos aporten, algo que nos encha a cabeza e o espírito.Así nace esta proposta para a mocidade, un ocio que os alimente para seguir medrando con sentidiño neste mes de agosto.
 
Obradoiro especialmente dirixido a persoas de idades comprendidas entre dez e dezanove anos, pensado como actividade creativa e formativa para o tempo de verán. Actividade facilitada por unha artista e unha terapeuta ocupacional que, en equipo, darán estimulo ás participantes para, a través da creatividade poñerse en relación con outros habitantes do barrio dende un rol distinto.

En que podemos colaborar coa comunidade? Os Castros é un barrio cheo de posibilidades: deseñar un cartel para unha asociación, unha carta para o menú de unha cafetería, sinalización das rúas... as participantes traballarán individual e colectivamente para propoñer solucións dende a creatividade e a través das artes plásticas , gráficas e narrativas. 
 
Deseñado e facilitado por Ocupacións significativas e tallerdepolo 
https://www.facebook.com/ocupacions.significativas/ 
 




Será en Agosto os días 6-7-13-14-20-21 (acadando un grupo mínimo de 5 participantes)
en horario de 11;30 a 13;30 horas, flexible
50 euros/ Materiais incluídos (desconto a irmáns e a alumnado tallerdepolo)

Inscricións no correo  polotallerdepolo@gmail.com




 


Ningún comentario:

Publicar un comentario