martes, 13 de novembro de 2018

invernARTE, taller especial para nenxs e maiores!

Xa preparándonos para un nadal distinto!
Ao estilo do obradoiro veranearte, pero con frío: achegándonos as artes plásticas e á Historia da Arte dende a xeración dun espazo de crecemento artístico e persoal. Para peques a partir de cinco anos, obradoiro onde divertirse e achegarse ás Artes. 

  ( Tamén hai versión maiores, eh!?)

Importante no desenvolvemento creativo -individual e do grupo- son as sinerxías xeradas entre xs participantes; trátase de construír un espazo de paz onde poder ser e traballar sen prexuízo. Coñecendo a linguaxe plástica, distintas técnicas e xogando a un tempo: traballaremos a partir da obra dxs artistas Barbara Kruger, Paula Becker e Gerhard Richter que nos levarán a distintas linguaxes e territorios... unha aventura!



Será no tallerdepolo , os días 26-27 e 28 de Decembro de 11:30 a 13:30 horas, para peques a partir de cinco anos.
O custe do curso completo e de 35 euros, os materiais están incluídos. Para o alumnado do tallerdepolo hai un desconto especial e tamén hai un desconto para irmáns.  Reserva a túa praza no tallerdepolo ou no correo electrónico polotallerdepolo@gmail.com , calquera dubida/pregunta...  ponte en contacto ;) 


invernARTE versión maiores Xoves 27 pola tarde, traballaremos a partir da obra da artista Bárbara Kruger  :)


Ningún comentario:

Publicar un comentario